O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

venres, 16 de outubro de 2020

MEDIO AMBIENTE:

 

A secretaría de Medio ambiente , valora de "moi positiva" ,a campaña antiincendios 2020, durante xullo e setembro , cun total de 5 incendios forestais rexistrados.

TURISMO:

 

A Secretaría de turismo , valora os datos de visitantes a comunidade comarcal durante ó verán 2020 ,a pesar da COVID 19 :
3069 visitantes.
1.400 visitas durante ó mes de setembro.

COMUNICADO DA PRESIDENTA DO MORRAZO AUTÓNOMO, DNA. NATALIA ROMERO:

 

Natalia Romero, Presidenta do Morrazo Autónomo:"Os meus parabéns a Comunidade comarcal de A Paradanta Autónoma por lograr a Presidencia de ACOPEGA 2020/2027!
O Morrazo Autónomo , volverá ser candidato no ano 2027 , para lograr a Presidencia de ACOPEGA ,coma xa foi no 2013.
Agardo que A Paradanta Autónoma, faga un traballo moi bó na Presidencia de ACOPEGA .
Por parte do Morrazo Autónomo , teremos unhas boas relacións entre as dúas comunidades comarcais".

MOAÑA ANTIQUA 2020:

 

quí vos deixamos o programa definitivo de Moaña AntiQua. Manteranse as actuacións culturais, pero as previsións metereolóxicas obrígannos a suspender o mercado medieval. Os actos de Moaña Antiqua concentraranse maioritariamente nunha carpa na que se desenvolverán ditas actuacións, cumprindo escrupulosamente todas as medidas sanitarias para evitar a propagación da COVID-19. #MoañaAntiQua #CulturaSegura

NOVAS

 

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO GOBERNO SUPRAMUNICIPAL NO 28X – DIA DO ORGULLO LGTBIQ
O goberno supramunicipal do Morrazo Autónomo, asume e fai súa a Declaración , polo Día do Orgullo LGTBIQ que dí o seguinte:
“Condenamos a discriminación ou calquera outra forma de violencia– tanto física como verbal e exercida contra calquera persoa ou colectivo- por razóns de orientación ou identidade sexual ou por calquera outra razón.
Cremos na necesidade de afondar na educación da cidadanía sobre diversidade sexual polo que demandamos a posta en marcha de programas de concienciación e sensibilización que acheguen información á veciñanza.
Ratificamos o compromiso de facer dos nosos pobos e cidades espazos nos que os individuos podan desenvolver a súa sexualidade dunha forma íntegra e natural, independentemente da orientación ou identidade sexual propia”