O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

luns, 27 de febreiro de 2023

ASFALTADO VIAL O CASAL-A MEIXOADA:

 O concello de Moaña , escoitou ás demandas da veciñanza e do goberno do Morrazo Autónomo dos barrios de O Casal ,e deu lugar a execución da mellora do vial que une O Casal co barrio de A Meixoada.

SEGURIDADE VIARIA NO BARRIO DE BROULLÓN:

 Dende ó goberno do Morrazo Autónomo, pedimos xunto co concello de Moaña a xunta de Galicia unha solución urxente para a mellora da seguridade viaria no barrio de Broullón.


O goberno municipal de Moaña, vén de solicitar unha reunión coa Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade para tratar a necesidade de mellora da seguridade viaria ao longo da PO313, ao seu paso polo tramo Porta do Cego-Mirador da Fraga, especialmente no núcleo de Broullón.


ADHESIÓN DE NOVOS BARRIOS AO MORRAZO AUTÓNOMO:

 O goberno do Morrazo Autónomo, aprobará o 9 de marzo en asamblea a incorporación dos barrios de veciños de A Meixoada, Berducedo e Abelendo na comunidade comarcal do O Morrazo Autónomo .

PROXECTOS ÁREA DEPORTIVA DE O CASAL :

 Para ó goberno do Morrazo Autónomo e para a comunidade do Morrazo Autónomo , son unhas obras necesarias para ó desenvolvemento deportivo da comunidade e para ó desfrute do resto do concello de Moaña.




A xunta de Goberno Local de Moaña vai aprobar a adxudicación do contrato menor de obras 🚜 para a execución do proxecto de construción dunha pista de Pumtrack
O investimento, que vai con cargo a unha subvención da Deputación Pontevedra , suporá un desembolso de 48.347,64 €.
Con esta actuación comézase o desenvolvemento da zona deportiva e de lecer do Casal que pasará a contar co Campo de Fútbol, a pista de Pumtrack e, en breve, o skate park. Este último pola contía que supón precisa ser licitado, proceso que xa ten iniciado o goberno municipal.
Por outra parte o goberno municipal consegue buscar alternativas deportivas e de ocio para un sector da poboación que máis o precisa: adolescentes e mocidade en xeral. E súmase a outras importantes intervencións para mellorar e acondicionar as instalacións municipais.


PRESUPOSTOS DO ANO 2023:

 O goberno do Morrazo Autónomo, aprobará despois da luz verde e aprobación dos orzamentos do concello de Moaña , os orzamentos para ós barrios da comunidade do Morrazo Autónomo.

xoves, 9 de febreiro de 2023

CARTAZ E PROGRAMA DO ENTROIDO 2023 NO MORRAZO AUTÓNOMO:


 

PROXECTO DE HUMANIZACIÓN BARRIO DE O CRUCEIRO-SAN MARTIÑO:

 E tamén grazas a cooperación territorial co concello de Moaña , logrouse ésta demanda da veciñanza , incorporada no programa electoral das eleccións municipais do 2019do actual goberno do Morrazo Autónomo .

 O GOBERNO DO MORRAZO AUTÓNOMO , DA A SÚA APROBACIÓN NO LOGRO DESTE PROXECTO APROBADO POR PATRIMONIO E POLO CONCELLO DE MOAÑA.

Dende ó goberno do Morrazo Autónomo en nome da veciñanza do barrio de O Cruceiro , dámoslle as grazas ao concello de Moaña polo seu compromiso cos veciñ@s do Morrazo Autónomo, para este proxecto , para a conservación do patrimonio do barrio de O Cruceiro ,e ó entorno da igrexa de San Martiño.