O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

sábado, 20 de febreiro de 2021

PRESUPOSTOS DO ANO 2021:

 Os presupostos do Morrazo Autónomo para éste ano 2021, foron postos en marcha ó pasado 1 de febreiro .

Os presupostos , teñen un coste total de 5.428.450€ .A maioría do gasto ,vai para: servizos sociais , Emprego e economía, Cultura , Patrimonio, Medio ambiente e Mocidade.Nestas áreas engloba un coste de 4.028.450€.Un gasto público Nunca máis grande para éstas áreas.
O resto do gasto irá para: Obras e actuacións e servizos públicos e urbanismo.

NOVAS

 A Secretaría de economía volverá activar a creación de cooperativas ó 25 de febreiro de 2021 , co plan estratéxico , "economía social, cooperativa e traballo" .As actividades formativas serán de carácter telemático a través de internet .

Información no rexistro xeral de luns a venres de 09.00h.a 14.00h.

NOVAS

 A Secretaría de Cultura, aprobará hoxe en asamblea , axudas aos grupos culturais afectados polas cancelacións do festigalizate 2020 e ó entroido de verán 2020 , por non poder cumprir coas normas sanitarias contra á COVID19.

As indemnizacións poderán chegar ata ós 600.000 euros.

domingo, 14 de febreiro de 2021

A NOVA LEI DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO APROBADA EN XANEIRO , NON AFECTARÁ A LPT DO MORRAZO AUTÓNOMO:

 ENLACE NA PUBLICACIÓN DO DOG : https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioC3B0-110121-0001_gl.pdf