O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

luns, 8 de marzo de 2021

HUMANIZACIÓN SAN MARTIÑO:

A Xunta de goberno da comunidade do Morrazo Autónomo aposta por un entorno en San Martiño , con calzadas de pedra con acceso só peatonal e para ciclistas , coa prohibición do tráfico rodado ao entorno.

O Secretario de Cultura e Patrimonio, Lois Pena, dixo que "seguramente se faga un sentido único do tráfico rodado , só para residentes na zona".
O secretario de Cultura e Patrimonio, agradece a Asociación de veciños de san Martiño e ao concello de Moaña , ó seu interese na realización deste proxecto , xa que é un lugar especial da Comunidade do Morrazo Autónomo en Moaña .
#omorrazoautonomo


Un dos proxectos contemplados no programa das eleccións municipais de xuño de 2019, da Presidenta do Morrazo Autónomo, Natalia Romero , é poñer en valor a zona histórica e cultural de San Martiño no Morrazo Autónomo e en Moaña . Un proxecto pedido pola veciñanza e aceptado polo goberno supramunicipal e polo concello de Moaña .

OBRAS E ACTUACIÓNS:

 Unha obra de cooperación territorial co concello de Moaña para poñer en valor a zona cultural e histórica de san Martiño da Comunidade do Morrazo Autónomo.

Arranca o proxecto para a Humanización e Posta en Valor do Núcleo Histórico de San Martiño. Entre as intencións para o proxecto está calmar velocidades de tráfico para tornar a zona máis segura e humana e crear un ambiente acorde cos valores culturais e históricos do ámbito.
Moitas grazas polas achegas ao proceso participativo en curso.