O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

mércores, 10 de xaneiro de 2018

NOVAS

Os impostos fiscais subirán no primeiro trimestre de 2018 un 3%.(auga , luz , gas, carreteras, obras) Os tipos de propiedade baixarán un 5% (propiedades privadas) Os Impostos tributarios subirán un 5% (empresas, comercios) Os impostos fiscais subirán no primeiro trimestre de 2018 un 3%.(auga , luz , gas, carreteras, obras) Os tipos de propiedade baixarán un 5% (propiedades privadas) Os Impostos tributarios subirán un 5% (empresas, comercios)

NOVAS

EXTRACTO DA ENTREVISTA Á PRESIDENTA DO MORRAZO AUTÓNOMO , DNA. NATALIA ROMERO GIL HOXE 15/12/2017 ÁS 13.15 H.: " Este ano fixemos moita cooperación , fixemos cousas parecidas ao ano pasado , pero avanzamos en outras. Aumentar o gasto público non repercutirá nos veciños morranenses, senón temos que conter a débeda interior. Comprimir e sanear a economía , facer un control dos gastos responsábel , captar fondos , cooperar coas asociacións de comercio, e industria , favorecendo o desenvolvemento , reorganizar os servizos municipais para unha mellor atención aos veciños foron cousas importantes neste ano que remata , e que fixemos con toda a mellor intención e atención . Temos moito que facer aínda no vindeiro ano 2018, e que temos que conectar empresas con traballadores , ou polo menos intentalo no vindeiro ano . Unhas das cousas que fixemos ata hoxe foi a incorporación de recursos formativos para á integración laboral,: convenios de emprego, convenios de formación e prácticas, grazas a iso moitos morranenses atoparon este ano un emprego e melloraron a súa experiencia e formación laboral . No vindeiro ano , temos que apuntar en mellorar o noso rural , que estivo moitos anos abandoado polo goberno do PP. Tamén en Sustentabilidade temos que facer cousas, como potenciar máis o turismo rural da Comunidade Comarcal do Morrazo Autónomo. Desexamos un futuro moito mellor porvir para á Comunidade Comarcal e que o meu goberno agarda mellorar ata o fin do mandato en 2019."