martes, 8 de novembro de 2016

NOVAS

SAÚDO DA PRESIDENTA POLAS FESTAS PATRONAIS DE SAN MARTIÑO 2016: Goberno supramunicipal do Morrazo Autonomo-Goberno Pro-Morrazo"·Jueves, 3 de noviembre de 2016 Benqueridos veciños e veciñas: Quero comezar por agradecerlle á comisión á comisión de Festas esta oportunidade de saudar a tod@s @s morranens@s como presidenta da comunidade comarcal do Morrazo Autónomo, o seu traballo, co que fan posible a celebración das festas patronais de san Martiño.Tamén cabe salientar a colaboración de particulares ,veciños e empresas que contribúen coas súas achegas para realizar unhas boas festas patronais .Por iso, lles desexo que gocen destas celebracións na compaña das súas familias e amizades, e que as persoas que nos visitan se sintan coma na casa. O goberno supramunicipal que me honra presidir , aposta pola recuperación do noso patrimonio cultural grazas a unha nova comisión ,conseguen que as nosas tradicións se transmitan ás vindeiras xeracións e que sexan difundidas máis alá do nosa comunidade comarcal. Apostamos tamén por medidas que favorecen a conciliación familiar e a igualdade social .Como goberno , desexamos e facilitaremos que as necesidades dos veciñ@s sexan atendidas en tempo e forma para que a veciñanza do Morrazo Autónomo, mellore na súa calidade de vida. Como conclusión quero salientar que as festas son un lugar de encontro , de celebración e ledicia , onde non pode faltar a amizade e a solidariedade coas persoas que máis problemas padecen . UN SAÚDO DA VOSA PRESIDENTA : NATALIA ROMERO GIL Presidenta da comunidade Comarcal do Morrazo Autónomo. A redacción do programa de Nadal 2016, faráse do 15 ao 24 de novembro .O 29 de novembro será a súa aprobación polo goberno supramunicipal. comezan os novos plans económicos C-5 e C-6 , de inversión pública , gasto público , IFIN , inversión privada . Quedan eliminados os plans C-3 e C-4 . plans económicos para partires do mes de novembro,plans económicos de redución de deudas, inversión pública ,,gasto público e inversión privada.Anunciou , que se eliminarán os plans económicos C-3 E C-4.Poranse en marcha o proximo 2 de novembro.