Dende o Concello de Moaña traballan co goberno supramunicipal, para extender a rede de abastecemento municipal da auga, naquelas zonas nas que é posible facelo desde a rede xeral xa tendida. Neste caso, na Paradela, no Morrazo Autónomo, o Camiño da Racha, tras ser priorizado polo Consello Veciñal do Carme de Moaña

Esta obra está financiada pola Deputación Pontevedra a través do Plan Concellos, e permitirá dotar de abastecemento municipal de auga ás vivendas da zona, ademais de renovar completamente a pavimentación deste vial o que mellorará tamén o tránsito polo mesmo