O Concello de Moaña e ó Goberno supramunicipal do Morrazo Autonomo-Goberno Pro-Morrazo" Informa da Comunicación da Xunta de Galicia da Situación de Risco en Relación a Influencia Aviaria en Aves.
• Prohíbese a cría de aves ao aire libre: todos os propietarios de aves deben recluír
as súas aves en instalacións pechadas ao cuberto. Se isto non fora posible por non
dispoñer destas instalacións, poderíanse manter as aves no exterior sempre que
silvestres, e sempre que se alimente e subministre auga ás aves domésticas no
interior das instalacións que impidan o contacto das aves silvestres coa auga ou
alimento destinados ás aves domésticas.
• Queda prohibido o uso de reclamos de caza con aves do tipo anátidas (parrulos
ou similares) e charadriiformes (gaivotas e similares).
• Queda prohibida a cría de parrulos, ocas e gansos xunto con outras especies de
aves de curral.
• Prohíbese dar ás aves de curral auga procedente de depósitos superficiais,
fontes ou outras orixes nas que puideran ter acceso as aves silvestres, salvo que a
auga fora sometida a un tratamento de hixienización que garanta a inactivación de
posibles virus da influenza aviaria.
• Os depósitos de auga de subministro para as aves domésticas, que puidera
haber no exterior, deberán ser protexidos para impedir que poidan acceder as aves
silvestres ou as súas dexeccións.
• Quedan prohibidas as concentracións de aves de calquera tipo, comerciais ou
non (exhibicións, concursos...), tanto de aves de curral como doutras aves distintas
a estas (p. ex. aves ornamentais ou similares).
• É obrigatoria a inscrición dos currais familiares de autoconsumo no Rexistro
Galego de Explotacións Avícolas da Consellería do Medio Rural.
O rexistro pode realizarse por diversas vías:
Na sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.gal/portada ), cubrindo o
formulario MR 501A – Inscrición no rexistro de explotacións avícolas non comerciais. Xúntase modelo para o seu coñecemento e uso se o consideran.
Nas Oficinas Agrarias Comarcais (OAC) da Consellería do Medio Rural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario