O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

martes, 24 de marzo de 2026

PRESUPOSTOS DO ANO 2026:

 O goberno do Morrazo Autónomo, pedimos ao concello de Moaña, os seguintes investimentos nos orzamentos para ó ano 2026:

*Barrio de A Meixoada:
Construcción Dobre beirarrúas na estrada ata coiro.
Mellora dos viais
*Barrio de O Casal:
Limpeza do río do Gres de forma trimestral ou cada 6 meses .
Mellora dos viais ao campo de fútbol e pistas deportivas
*Barrio de O Cruceiro:
Humanización contorna da Igrexa de San Martiño.
Mellora dos camiños e viais
*Barrio de Abelendo:
Semáforos ao lado do cemiterio municipal.
Mellora dos viais
Mellora accesos do cemiterio municipal
*Barrio de Sabaceda:
Estratexia Rialdarca e limpeza dos ríos .
Dobre Acera na estrada PO-313 ao seu paso por Sabaceda.
*Barrio de Broullón:
Construción de aceras de dobre sentido na PO-313 , pasos de peóns , semáforos .
Mellora do vial de Ameixeira .
*Barrio de A Paradela:
Limpeza do río do Inferno , Limpeza do río dos porcos .
Arranxo dos lavadoiros públicos
Mellora de camiños públicos
*Barrio de A Fraga:
Construcción de beirarrúas de dobre sentido na estrada A Fraga-Meira de Arriba ata o miradoiro da fraga.
*Barrio de Berducedo:
Ampliación e construción de beirarrúas da estrada de Berducedo -Piñeiro ata As Barxas e a capela dos milagres en O Piñeiro.
*Barrio de A Marrua:
Mellora do vial Sabaceda - A Paradela ata ó lugar das Carballas .
Éstas son unhas propostas para engadir aos orzamentos do concello de Moaña para ó ano 2026 , para a comunidade do Morrazo Autónomo( barrios rurais San Martiño e O Carme) en Moaña

Ningún comentario:

Publicar un comentario