SAÚDO DA PRESIDENTA POLAS FESTAS PATRONAIS DE SAN MARTIÑO 2016:
Xunta de Goberno da Comunidade do Morrazo Autonomo-Goberno Pro-Morrazo"·Jueves, 3 de noviembre de 2016
Benqueridos veciños e veciñas:
Quero comezar por agradecerlle á comisión á comisión de Festas esta oportunidade de saudar a tod@s @s morranens@s como presidenta da comunidade do Morrazo Autónomo, o seu traballo, co que fan posible a celebración das festas patronais de san Martiño.Tamén cabe salientar a colaboración de particulares ,veciños e empresas que contribúen coas súas achegas para realizar unhas boas festas patronais .Por iso, lles desexo que gocen destas celebracións na compaña das súas familias e amizades, e que as persoas que nos visitan se sintan coma na casa.
A Xunta de goberno que me honra presidir , aposta pola recuperación do noso patrimonio cultural grazas a unha nova comisión ,conseguen que as nosas tradicións se transmitan ás vindeiras xeracións e que sexan difundidas máis alá do nosa comunidade veciñal. Apostamos tamén por medidas que favorecen a conciliación familiar e a igualdade social .Como goberno , desexamos e facilitaremos que as necesidades dos veciñ@s sexan atendidas en tempo e forma para que a veciñanza do Morrazo Autónomo, mellore na súa calidade de vida.
Como conclusión quero salientar que as festas son un lugar de encontro , de celebración e ledicia , onde non pode faltar a amizade e a solidariedade coas persoas que máis problemas padecen .
UN SAÚDO DA VOSA PRESIDENTA :
NATALIA ROMERO GIL
Presidenta da comunidade do Morrazo Autónomo.