O MORRAZO AUTÓNOMO
COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO.
COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA.
Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña .
Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.
luns, 2 de novembro de 2026
NOVAS
Dende a Xunta de goberno da comunidade do Morrazo Autónomo , estivemos pidindo a reposición de novos contedores nos barrios rurais da Comunidade veciñal durante máis dun ano . Moitos dos barrios contan con case tódolos contedores rotos .
Agardamos que a mancomunidade dos concellos do Morrazo o faga o máis pronto posible a substitución dos contedores nos barrios.
Tamén se di que se van a recoller os restos de podas a domicilio para retirar as xaulas existentes e a instalación de puntos limpos de proximidade.
Agardamos que se acometan todas éstas melloras o máis pronto posible para unha mellor calidade de vida para a veciñanza e unha mellor atención nos servizos públicos e municipais.
#omorrazoautonomo
#moaña
#Moaña
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario