martes, 11 de outubro de 2016

NOVAS

O GOBERNO SUPRAMUNICIPAL TOMOU A INICIATIVA DE CONTRATAR ESTE ANO OUTRA EMPRESA DE SON PARA ESTE NADAL . A EMPRESA PODERÁ SER VOZY SONIDO DE PONTEVEDRA http://www.vozysonido.es/ #nadal #gobernopromorrazo REIVINDICACIÓNS DA NOSA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS QUE LEVAN ARREDOR DUN ANO SEN TELAS EN CONTA A xunta directiva da Asociación veciñal San Martiño de Moaña,E A F.VV. FIGUEIRIDO: informa aos asociados das reivindicacións presentadas ao GOBERNO PROMORRAZO dende hai un ano e que continúan sen satisfacer: - Prohibir o aparcamento no camiño de acceso ao campo de fútbol do Casal que, desde a estrada xeral, remata nos grandes aparcamentos de dito campo, deixando unicamente tres prazas de minusválidos á altura da porta principal para que estes poidan acceder comodamente e evitar o cruce de vehículos nun lugar estreito. - Pintar liña amarela nun tramo mínimo de 5 mts. aproximadamente, diante do centro socio – cultural de Abelendo, ou colocar sinal de prohibir aparcar. - Pintar liña amarela, ou poñer sinal para prohibir o aparcamento no baixo do eirado de Abelendo co obxecto de que poidan cambiar de sentido os vehículos que o desexen. - Construír unha nova arqueta na condución xeral do desaugadoiro do Cruceiro, para facilitar o tránsito de augas fecais procedentes de 4 vivendas situadas nos números 10, 11, 12 e 13 do barrio para, deste xeito, evitar atranques. - Instalar unha cancela con chave na porta do túnel que foi construído debaixo da vía rápida co obxecto de acceder ao manancial do que procede a recuperada fonte de A Peroxa. - As dúas corredoiras que comunican o colexio de Abelendo co barrio do Cruceiro, límpanse unicamente no mes de xuño con motivo do cross escolar. Débense limpar con máis asiduidade para que poidan ir andando por el os rapaces do antedito barrio. - Instalar alumeado público na estrada que vai dende o lugar de O Pasante ata Ridomuiño e na que vai desde o lugar de Campos ata a Xalde de Arriba. - Lembrarse do saneamento e auga municipal na Xalde así como o bacheado das estradas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario