O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

sábado, 14 de marzo de 2020

NOVAS

Medidas de humanización para o entorno de San Martiño e recepción de informe técnico favorable do PMS por parte da Deputación de Pontevedra.
Vimos de recibir o informe técnico favorable por parte da Deputación de Pontevedra sobre o Plan de Mobilidade Sustentable (PMS) do Concello de Moaña, o cal de por sí é unha estupenda noticia.
Iso quere dicir que debemos incidir en dar máxima difusión ás medidas de maior calado ou de máis envergadura para someter a reflexión e debate público as propostas emanadas do proceso participativo inicial. Dita reflexión colectiva debe producirse previamente á aprobación do mesmo.
Adxuntamos unha delas, aproveitando que a zona será protagonista en breve polas datas nas que estamos.
A idea é poñer en valor aquel que máis claramente identificamos como centro histórico os moañeses e moañesas, e aproveitar para resolver problemas de mobilidade calmando o tráfico na zona, coa vista posta en ofrecer alternativas de conexión rodada.
Pero haberá que ir paso a paso: Primeiro debemos lograr a humanización do Casal e Abelendo.
Podedes ver máis información no Faro de Vigo de hoxe:
https://www.farodevigo.es/…/moana-proyecta-con…/2192859.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario