A Secretaría de economía volverá activar a creación de cooperativas ó vindeiro ano 2021 , co plan estratéxico , "economía social, cooperativa e traballo" .As actividades formativas serán de carácter telemático a través de internet .
venres, 13 de novembro de 2020
NOVAS
A redacción dos presupostos do vindeiro ano 2021 , comezarán ó 15 de novembro , e seran aprobados en asamblea en decembro.
NOVAS
O Secretario de Cultura , Lois Pena, anuncia que Voz y Producciones , volverá a ser contratada coma empresa para o nadal do 2020
NOVAS
O goberno supramunicipal , a través da Secretaría de Cultura, contratará este ano outra vez a ALVAZ ILUMINACIÓN E SONIDO, para a colocación da iluminación de Nadal no MOrrazo AUtónomo .
A COLOCACIÓN DA ILUMINACIÓN COMEZARÁ O VINDEIRO 17DE NOVEMBRO E REMATARÁ Ó 10 DE DECEMBRO.
O ENCENDIDO DA ILUMINACIÓN DE NADAL ESTÁ PROGRAMADA PARA Ó 11 DE DECEMBRO.
RESTRICCIÓNS COVID 19:
INFORMACIÓN IMPORTANTE
A Xunta de Galicia vén de decretar, desde o venres 6 de novembro ás 15h. ata o 6 de decembro, as seguintes medidas:
- Restrinxir toda actividade que non sexa esencial
- Peche perimetral
- Peche da hostelaría agás para servizos de recollida de comida ou servizo a domicilio
- Reducir a práctica de deporte á que se fai individualmente.
- Cinemas, teatros, auditorios reducen o seu aforo a 30 persoas en interior e 75 en exterior.
Seguen permitidos os movementos por causas laborais, educativas, de coidados e sanitarios.
Para 60 concellos, o noso Concello non está incluído nestas restricións, pero si o están os concellos: de Cangas, Marín, Vilaboa, Vigo, Pontevedra, Redondela, Mos, Soutomaior...
Podedes ampliar a información entrando na noticia.
Nestes 60 concellos as xuntanzas están limitadas a conviventes, sen límite. No resto da Galiza aumentarase a 6 o máximo de persoas en reunións sociais.
No conxunto da Galiza, ademais, vanse limitar as saídas de usuarios fóra das residencias, mais mantéñense as visitas. Redúcense aforos en centros comerciais e no interior das tendas será do 50 %.O tranporte público non escolar reduce o seu aforo ao 50 % en cadeiras e 25 % de pé.
TOQUE DE QUEDA COVID 19:
INFORMACIÓN IMPORTANTE :
Declaración do estado de alarma decretado o 25 de outubro de 2020 polo Goberno do Estado, aquí vos deixamos as cuestións máis destacadas do acordo publicado no BOE de 25/10/2020.
Lembramos que as medidas decretadas pola Xunta de Galicia publicadas no DOGA de 22/10/2020 seguen vixentes e complementan ás do Estado de alarma.
NOVAS
O goberno supramunicipal do Morrazo Autónomo , concederá axudas ás agrupacións culturais afectadas polas cancelacións do festigalizate e do entroido de verán.
Axudas serán aprobadas polo goberno supramunicipal , nas vindeiras semanas .
A secretaría de cultura , advirte que tanto ó festigalizate coma ó entroido de verán ,son eventos culturais organizados polo goberno supramunicipal .
De cara ao Nadal , cultura , de momento non ten nada organizado , xa que é posible que sexa un programa diferente por causa da pandemia da covid 19.