O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

venres, 13 de novembro de 2020

RESTRICCIÓNS COVID 19:

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

A Xunta de Galicia vén de decretar, desde o venres 6 de novembro ás 15h. ata o 6 de decembro, as seguintes medidas:

- Restrinxir toda actividade que non sexa esencial
- Peche perimetral
- Peche da hostelaría agás para servizos de recollida de comida ou servizo a domicilio
- Reducir a práctica de deporte á que se fai individualmente.
- Cinemas, teatros, auditorios reducen o seu aforo a 30 persoas en interior e 75 en exterior.

Seguen permitidos os movementos por causas laborais, educativas, de coidados e sanitarios.

Para 60 concellos, o noso Concello non está incluído nestas restricións, pero si o están os concellos: de Cangas, Marín, Vilaboa, Vigo, Pontevedra, Redondela, Mos, Soutomaior...
Podedes ampliar a información entrando na noticia.

Nestes 60 concellos as xuntanzas están limitadas a conviventes, sen límite. No resto da Galiza aumentarase a 6 o máximo de persoas en reunións sociais.

No conxunto da Galiza, ademais, vanse limitar as saídas de usuarios fóra das residencias, mais mantéñense as visitas. Redúcense aforos en centros comerciais e no interior das tendas será do 50 %.O tranporte público non escolar reduce o seu aforo ao 50 % en cadeiras e 25 % de pé.

Ningún comentario:

Publicar un comentario