O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

martes, 26 de xaneiro de 2021

NOVAS

 Humanización da estrada Porto do cego-Figueirido:


Case 600 metros, entre sendas peonís e plataforma única
As obras abranguen un tramo de 560 metros entre os PQ 1+200 e 1+780, entre a curva do río de Figueirido ata o remate da recta do Casal. Case 400 metros contarán con sendas peonís en ambas beiras e o resto disporá de plataforma única con prioridade peonil. O proxecto deseñouse en función das posibilidades en cada punto de ampliar a sección.
Nos tramos nos que foi posible ensanchar gracias á posibilidade de retranquear os peches das propiedades, manterase o dobre carril de circulación rodada cun ancho total de 6 metros, engadindo sendas peonís de uns 3 metros de anchura. Esta configuración aplicarase a un primeiro de 249 metros dende o inicio da estrada e a un segundo, de 144 metros a partir do PQ 0+436. Está previsto executar tamén un paso de peóns sobreelevado e varios redutores físicos de velocidade (badéns).
"No resto do tramo, cunha lonxitude duns 200 metros, onde as aliñacións edificatorias apegadas á calzada xa non permiten os retranqueos haberá unha plataforma única de convivencia, con prioridade peonil e debidamente sinalizada sobre pavimento de formigón". Dixo ó Secretario de Cooperación territorial, territorio e Urbanismo, Antón Casal.
"Ademais está prevista a dotación de drenaxe das augas pluviais en todo o percorrido, construción de 9 muros de contención e varias varandas. Ao longo de todo o traxecto procederase a renovar completamente a iluminación pública, con novos farois e luces con tecnoloxía led. Os servizos de subministro eléctrico e de telecomunicación s quedarán tamén soterrados. O proxecto inclúe, ademais, a instalación de mobiliario urbano, como bancos de madeira e unha papeleira nun espazo que se habilitará unha pequena praza. Finalmente habilitaranse alcorques para a delimitación das árbores existentes, ademais da plantación de 4 olivos".Dixo Antón Casal.
Ao longo deste mes de xaneiro a Deputación está a licitar catro obras de mellora da seguridade viaria na Rede Provincial de Estradas cun orzamento total de 1,3millóns de euros. Ademais da EP-1104 Moaña-Coiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario