O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

martes, 1 de xuño de 2021

OBRAS HUMANIZACIÓN O CASAL

 Comezaron as obras de humanización da estrada provincial EP-1104 entre o río de Figueirido e Abelendo. Unha obra que pretende ser pioneira e que conta coas cesións de balde por parte da veciñanza que demostraron unha vez máis a importancia do “todos” sobre o “meu”.

✅Arrancan as obras de humanización da estrada provincial EP1104 no tramo do Casal. Despois de 4️⃣ anos de intenso traballo co concello de Moaña e da AVV San Martiño para conseguir as cesións gratuítas necesarias por parte da veciñanza con propiedades na zona.
➡️Desde o goberno supramunicipal queremos agradecer á Deputación de Pontevedra a aposta por un modelo de mobilidade sustentable no que as persoas son o máis importante.
🔝Este proxecto converterá a estrada nunha rúa urbana cunha gran praza pública para uso e desfrute d e toda a veciñanza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario