O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

martes, 1 de xuño de 2021

NOVAS

 A humanización da estrada provincial de Abelendo (EP-1104 que conecta a Porta do Cego con Coiro) comenzará coas obras da súa ambiciosa primeira fase na zona do Casal no mes de maio, despois de catro anos de tramitación e de traballo por parte da AVV San Martiño e do Concello de Moaña para lograr as cesións dos terreos necesarios.

A adxudicación das obras da primeira fase aprobarase este mesmo venres na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra. A empresa adxudicataria terá un mes para iniciar os traballos e despois outros seis meses para construir toda a primeira fase. Isto supón un adianto nos prazos anunciados en xaneiro, que estimaban o comezo das obras para finais do verán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario