O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

xoves, 9 de decembro de 2021

NOVAS


 

 O parque infantil da Paradela xa está aberto aos rapaces .

O parque infantil da Paradela xa está aberto aos rapaces tras o seu acondicionamento integral.

A concelleira socialista de obras e servizos, Marta Freire Riobó, e a Alcaldesa de
Moaña, Leticia Santos Paz, visitaron  o Parque da Paradela para supervisar os
traballos de acondicionamento executados nos últimos meses. Freire, como responsable da área de Obras e Servizos, ten claro que “contar con espazos de xogo seguros na nosa vila redunda de maneira clara no benestar da poboación máis pequena” e, baixo esa premisa, ano tras ano, dende a área que ela dirixe “se veñen realizando importantes investimentos nas diferentes áreas de xogo que temos ao longo de todo o término municipal de Moaña”.

O Concello de Moaña levou a cabo ao longo dos últimos anos melloras de diferente calado na maioría das zonas de xogo infantil “intentando sempre mellorar a seguridade dos espazos, a accesibilidade naquelas áreas nas que era posible, e primando a instalación de elementos inclusivos ou/e novidosos”, recorda a edil.

Reparáronse os parques da Fraga, da Guía, do Almacén en Domaio, de San Lourenzo, o Parque infantil de San Bartolomeu, o de Lola Diz, o do
Concello, do Vaticano, do Casal e o de Praia-Seara. O último foi o da Paradela, situado ao carón da PO-313, moi preto do Mirador da Fraga, que a semana pasada procedeuse á súa reapertura.

Estado no que quedou o parque tras o seu acondicionamento.

Este espazo de xogo non se puido reabrir ao mesmo tempo que o resto de parques de Moaña porque presentaba danos moi importantes no seu peche perimetral, había varias deficiencias nas losetas de caucho instaladas na área de caída dos xogos e era necesario facer varios traballos de reparación e restauración dos elementos de xogo alí instalados.

Dada a súa situación o goberno municipal executou con cargo aos orzamentos deste ano o seu acondicionamento e nesta actuación investiu preto de 9000 euros. substituíu todo o peche perimetral do parque infantil e instalouse unha valla de madeira técnica con maior durabilidade e resistencia, restaurouse o xogo combinado e o do muelle, ademáis do pórtico de columpios. Tamén instalouse un novo elemento consistente nunha torre doble e céspede artificial naquelas zonas nas antes había losetas de caucho deterioradas.

Grazas a cooperación territorial co concello de Moaña .
#gobernopromorrazo
#omorrazoautonomo

https://morrazonoticias.com/o-parque-infantil-da-paradela-xa-esta-aberto-aos-rapaces-tras-o-seu-acondicionamento-integral/

Ningún comentario:

Publicar un comentario