Unha obra prevista para comezar éste ano . A remodelación do cemiterio municipal de Moaña , no barrio de Abelendo . Comunidade do Morrazo Autónomo.
🔴O concello de Moaña e a Deputación de Pontevedra asinarán o plan para a remodelación do cemiterio municipal de Moaña no barrio de Abelendo.
🔷A Xunta de goberno da comunidade do Morrazo Autónomo, apoia a remodelación do cemiterio municipal de Moaña no barrio de Abelendo para transformalo nun mellor lugar para o descanso dos nosos ancestros e nun lugar de confraternidade entre a veciñanza de todo o pobo de Moaña.
📍BARRIO DE ABELENDO.
📍COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO, MOAÑA.
#omorrazoautonomo
#moaña
#Moaña
🔴Está prevista unha reforma integral do cemiterio municipal de Moaña, deteriorado polo paso do tempo.
🔷 Este proxecto foi solicitado pola Asociación de Veciños A Bouza-Quintela en diversas reunións coa corporación municipal. O Concello de Moaña elaborou un proxecto valorado en 1,2 millóns de euros, co obxectivo de financialo mediante a partida do "Plan Extra" da Deputación de Pontevedra para o exercicio actual, que podería cubrir ata 900.000 euros. O custo restante tería que asumirse con fondos propios do Concello ou mediante novas subvencións.
🔷O goberno local busca transformar o cemiterio nun espazo "máis acolledor, accesible e digno para todas as familias" e está á espera da confirmación do financiamento provincial. Representación gráfica de como quedará o cemiterio municipal de Moaña tras a reforma integral.
🔴En canto ás infraestruturas, os plans inclúen a renovación do pavimento dos camiños interiores e a instalación de novas ramplas para mellorar a accesibilidade; crearanse novas zonas de descanso mediante a mellora das áreas axardinadas e instalarase un sistema de recollida de augas pluviais.
🔴 Nas entradas, elevarase a porta principal e eliminarase o recinto para residuos vexetais co fin de integrar ese espazo nunha zona de descanso.
🔴 Instalarase un sistema de seguridade con cámaras de vixilancia en todo o recinto e mellorarase a iluminación dos camiños e zonas comúns. Ademais, adquirirase maquinaria especializada para facilitar as tarefas de enterramento en altura.
🔷O proxecto, cun prazo de execución de seis meses, tamén contempla a creación de novos espazos memoriais, incluíndo un columbario para cinzas e unha zona separada para cinzas de mascotas (a primeira instalación deste tipo para animais na comarca). Como elemento distintivo, instalarase un símbolo de "Lembranza" como homenaxe colectiva.
🔷O proxecto foi deseñado polo estudo A3 Proyectos —dirixido polos arquitectos Rubén Campos, Juan Álvarez e Noé Gallego— para acondicionar este cemiterio, que data de 1942 pero que foi obxecto de varias ampliacións.
🔴Actuarase nos camiños interiores, substituíndo o pavimento actual de grava triturada por formigón de árido visto; crearanse novos pasos e zonas de descanso equipadas cun sistema de asentos modulares de formigón hidrófugo de altas prestacións e acabado gravado. Estes asentos presentarán diversas formas, incluíndo unidades de cor beixe de diferentes tamaños e configuracións, deseñadas para evocar pedras erosionadas pola auga.
🔴Melloraranse as dúas entradas elevando os linteles e instalarase a palabra "Lembranza" en letras tridimensionais na entrada principal sur. Eliminaranse os desniveis no pavimento mediante a instalación de ramplas e escaleiras.
🔴As obras de reforma da capela incluirán a substitución da cuberta e a renovación dos aseos, así como a incorporación de instalacións accesibles; ademais, construiranse dous columbarios: un para os restos incinerados de residentes locais e outro para mascotas. Tamén se adquirirá un elevador para facilitar o acceso aos
nichos situados a maior altura.

Ningún comentario:
Publicar un comentario