O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

xoves, 17 de decembro de 2015

CARTA DE NADAL 2015

CARTA DE NADAL:
Estimados e benqueridos veciñ@s:
Quero escribir esta carta de mensaxe de nadal , recordando o cambio deste ano 2015, que se fixo realidade. Este ano todos os morranenses elixiron un novo goberno , para facer realidade os obxetivos que queredes.Eu como presidenta , teño que dicir que elixistes un goberno de progreso para lograr e conseguir os vosos obxetivos e os meus como presidenta.
Comezamos no mes de xuño , un goberno que fará todo o necesario para que o Morrazo Autonomo, avance , progrese e logre os seus obxetivos de cara os proximos anos.Sen dubida faremos todo o necesario ,e estaremos ao voso lado sempre.
Nos meses de verán, eliminamos o que o anterior goberno popular , deixou para perxudicar aos traballadores da comunidade comarcal.Nos meses seguintes , reformamos o sistema financeiro, reformamos plans económicos , reducimos ó deficit, entre outras mais cousas. Como mellorar as relacións coas alianzas económicas e sociais para conseguir unha maior cooperación para sacar da crise económica ao Morrazo Autonomo, e impulsar o crecemento económico da comunidade comarcal para lograr o progreso total .
O goberno supramunicipal , traballou durante estes meses moito para poñerse ao dia moitas materias ,moitas areas e en moitas horas.Un goberno que traballa dia a dia , mes a mes, para facer unha comunidade comarcal con futuro e progreso.Un futuro e progreso onde todos os veciños esten orgullosos e contentos de vivir no Morrazo Autonomo.No ano que remata , quedará na historia , o cambio que os morranenses elixiron no mes de maio.Quero agradecer a vosa confianza en min como presidenta e no meu equipo de goberno .
Agradezo a todos os veciños e os traballadores que fixeron posible e fan posible unha comunidade comarcal de progreso , e de impulso económico nestes meses do 2015.
Espero que para o proximo ano 2016 sexa moito mellor para todos os morranenses , e traia moitos acontecementos bos e mellores que o ano que remata . Esperamos dende o goberno supramunicipal que o ano 2016 sexa moito mellor que o ano que remata en todas as materias.
Remato esta carta de nadal , desexandolles a tódol@s morranenses , UN BO NADAL E UN PRÓSPERO ANO NOVO 2016!!!
UN SAÚDO DA VOSA PRESIDENTA:
DNA. NATALIA ROMERO GIL.

Ningún comentario:

Publicar un comentario