O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

xoves, 17 de decembro de 2015

SAÚDO DA PRESIDENTA POLAS FESTAS PATRONAIS DE SAN MARTIÑO 2015:

SAÚDO DA PRESIDENTA POLAS FESTAS PATRONAIS DE SAN MARTIÑO 2015:

Volven un ano máis, as festas patronais de san Martiño, as maís antigas e tradicionais de dtodas aas que se celebran na comarca do Morrazo, e unha das mais concorridas tamén.

Volvemos celebrar a fartura da colleita de outono, entre o recendo de castañas de chourizo, do viño novo coidado  polas mans expertas dos nosos colleiteiros , productos todos que podemos encontrar  no claor de furanchos e tabernas mantadas a propósito  para estas festas, lugares que deixan ver as vellas trabes e os pontóns de madeira das históricas casas deste barrio do concello de Moaña e deste concello de O Morrazo Autonomo.

As festas do san Martiño son o libro de familia do concello de MOAÑA  e tamén do Morrazo AUtonomo, o lugar onde vimos , o berce cultural e histórico de moitos dos nosos antepasados.


No novo san  Martiño, hai un espazo público de paseo onde houbo un vello cemiterio , no lugar da antiga Reitoral está a Escola municipal de música do concello de Moaña, e na feira histórica hai un parque con vistas ao mar, pero a vella igrexa e o adro seguen en pé  coa súa postal que recorda a cultura de varios séculos , un lugar de encontro do vello e o novo , unha emoción renovada cada ano por milleiros de morranenses e moañeses , e de persoas chegadas de fóra a un lugar tan especial como este outeiro e balcón sobre a ría de vigo.

San Martiño hoxe declarada festa de interese turístico, dende fai dous anos , é unha cita que temos coa historia , coa alegría de pertencer a unha comunidade comarcal dende este quiĺómetro cero da xeografía moañesa , punto de partida e de encontro anual.

No meu nome propio, dende a presidencia , e tamén como representante do Goberno supramunicipal do Morrazo AUtonomo, felicito á organización destas festas onde vos convido a todos os morranenses e moañeses para desexarlle  unhas boas festas a todos.

  •                                                                              Natalia Romero Gil
  •                                                                              Presidenta do Morrazo AUtonomo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario