O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

martes, 20 de decembro de 2016

NOVAS

CARTA DE NADAL 2016 DA PRESIDENTA: Benqueridos veciños e veciñas: Este ano 2016, o goberno supramunicipal , fixo moitas cousas, entre elas, poñer en marcha novos plans económicos , para reducir deudas, aumentar o gasto público , a inversión pública para crear emprego, aínda que sexa temporal . Recoñecemos que a tarefa que me tocou a min como Presidenta ,e aos membros do meu equipo de goberno , non é sinxelo , é un traballo complexo nos tempos nos que nos atopamos , por iso o recoñecemos , e pedimos desculpas aos afectados .Se algo fixemos mal neste ano que remata. Neste ano que remata , quero salientar, o bo traballo que fixemos , coma: poñer en marcha novos plans de contratación aos parados do Morrazo Autónomo, redución de deudas , sobre todo públicas coma á a deuda pública exterior (DPE). Tamén este ano, fixemos un bo traballo , dando emprego aos morranenses , para realizar tarefas de vixilancia e de limpeza do noso entorno rural e forestal , previndo incendios forestais e coidando a nosa natureza . O pasado mes de setembro , puxemos en marcha o novo sistema financeiro. Un sistema, que agardamos que sexa o empuxe que necesita a nosa economía , para que siga mellorando. O goberno supramunicipal que eu presido , tamén traballou este ano para que á xuventude do Morrazo Autónomo , se poida divertir , creando eventos , coma a primeira edición do entroido de verán do pasado mes de agosto , que foi todo un éxito. Neste ano que remata, cumpríronse 10 anos da posta en marcha do novo proxecto comarcal , o pasado 15 de setembro. Un proxecto , que ten futuro , e poderá ter moito máis , se seguimos traballando ,coma traballamos co meu equipo de goberno ata agora. O goberno supramunicipal , traballa para que o Morrazo Autónomo teña futuro, día a día , mes a mes, e de iso podo dar confianza. Para ó ano próximo , o ano 2017, tócannos realizar moitas máis cousas, e seguir traballando polo Morrazo Autónomo e por todos os morranenses.No ano 2017, teremos uns bos presupostos , que desexamos que sexan para crear emprego e reducir deudas , para seguir mellorando a nosa economía. Non quero rematar esta carta de Nadal, agradecendo a todos os veciños traballadores e empresarios , que fixeron e fan posible o progreso da comunidade comarcal , nestes meses do 2016. Non podemos esquecer , que o tempo de Nadal, é para estar coa familia e coas amizades , e tamén para solidarizarse coas persoas que máis problemas padecen. Dende o goberno supramunicipal, agardamos que ó ano 2017, sexa mellor para tod@s , desexándolles a todos os morranenses : UN BO NADAL! E UN PRÓSPERO ANO NOVO 2017!. UN SAÚDO DA VOSA PRESIDENTA: DNA. NATALIA ROMERO GIL. Abrese a convocatoria para a ilustración dun debuxo de entroido para publicalo na páxina do Morrazo Autónomo a partires do 6 de febreiro do 2017.Os interesados que manden unha mensaxe a esta páxina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario