O MORRAZO AUTÓNOMO
COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO.
COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA.
Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña .
Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.
martes, 20 de decembro de 2016
NOVAS
O secretario de economía, José Armesto, anuncia que a secretaría non parou a redución da deuda privada dende que él é secretario de economía.Armesto, si deixa claro, que a inxección de liquidez á banca , aos bancos de inversións , si se reduciu , pero non se interrumpiu en ningún momento dende xuño do 2015 ata o día de hoxe.
Pontevedra Autónoma , comprometese para o ano 2017, seguir inxectando diñeiro á economía do Morrazo Autónomo .
O servizo de asesoramento aos emprendedores (SAEMP), asesorou este ano a un total de 3.000 emprendedores dende a sua creación no ano 2015.
Vigo Autónomo , seguirá no ano 2017, condonando a deuda pública exterior co Morrazo Autónomo, cunha condonación dun 20% no ano 2017.Actualmente a deuda , saldouse un 30% dende o ano 2013.Queda para os anos próximos a condonación da metade da deuda .
O servizo de orientación e tramitación de ofertas de emprego do MOrrazo Autónomo, tramitou ata o 15 de decembro do 2016:3.200 ofertas de emprego dende a súa creación no ano 2015
Os presupostos do ano 2017, terán unha inversión dun total de 3.5 millóns de euros destinados a maior parte para a xestión económica , creación de emprego, servizos públicos e sociais e cultura.
A principios do ano 2017, crearánse 5 cooperativas grazas ao plan "crea cooperativa, economía social e traballo".que durará ata finais do ano 2018.
O goberno supramunicipal impulsará no ano 2017 , a creación dunha radio local .
Os presupostos para o ano 2017, quedaron aprobados onte en asamblea extraordinaria .
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario