O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

martes, 2 de xullo de 2019

NOVAS

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO GOBERNO SUPRAMUNICIPAL NO 28X – DIA DO ORGULLO LGTBIQ
O goberno supramunicipal do Morrazo Autónomo, asume e fai súa a Declaración , polo Día do Orgullo LGTBIQ que dí o seguinte:
“Condenamos a discriminación ou calquera outra forma de violencia– tanto física como verbal e exercida contra calquera persoa ou colectivo- por razóns de orientación ou identidade sexual ou por calquera outra razón.
Cremos na necesidade de afondar na educación da cidadanía sobre diversidade sexual polo que demandamos a posta en marcha de programas de concienciación e sensibilización que acheguen información á veciñanza.
Ratificamos o compromiso de facer dos nosos pobos e cidades espazos nos que os individuos podan desenvolver a súa sexualidade dunha forma íntegra e natural, independentemente da orientación ou identidade sexual propia”
#gobernopromorrazo
#omorrazoautonomo

Ningún comentario:

Publicar un comentario