O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

sábado, 14 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE SOBRE Ó CORONAVIRUS:

Aviso importante
Mentres dure este estado de emerxencia sanitaria pola crise do coronavirus deberemos de manter as seguintes medidas:
- Permanecer na casa, salvo que teñamos unha causa xustificada para sair.
- Se temos algunha necesidade de atención sanitaria que non poida ser posposta, pediremos cita telefónica, só se atenderán presencialmente as urxencias. Respectemos ao persoal sanitario, non podemos polo en risco.
- Os establecementos de alimentación, droguerías, farmacias... Van permanecer abertos e está garantido o abastecemento dos mesmos, non fai falta mercar compulsivamente. Respectemos as medidas preventivas cando vaiamos a mercar, o persoal destes establecementos está moi exposto e debemos de velar pola súa saúde.
- Se tendes algunha dúbida sobre os síntomas da enfermidade o teléfono gratuíto de atención á cidadanía é o 900 400 116, non usedes outros porque podedes estar saturando o sistema, evitando que outras emerxencias sexan atendidas a tempo.
Por favor, son 15 días excepcionais, evitemos riscos innecesarios e empaticemos coas demais persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario