martes, 1 de xuño de 2021

TEMPADA CONTRA ÓS LUMES DO VÉRAN 2021:

O vindeiro 1 de xullo do 2021, porase en marcha a campaña antiincendios de este verán os interesados pódense anotar a través da web do goberno supramunicipal www.gobernopromorrazo.blogspot.com.es
para participar na limpeza dos nosos montes e rural da comunidade comarcal e na prevención dos incendios forestais. O Horario para anotarse e de 09.00 h ata 14.00 h a partires do 7 de xuño ata ó 25de xuño do 2021.

NOVAS

 O goberno supramunicipal vai , poñer en marcha 2 obradoiros a partires de setembro e outubro de 2021,e os convenios de practicas e convenios de formación a partires do mes de outubro.

NOVAS

 Durante ó mes de xuño o goberno supramunicipal revisará as seguintes competencias:

COMPETENCIA: PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO:
FOMENTO DE CREACIÓN DE EMPRESAS E ORIENTACIÓN LABORAL
IDENTIFICAR E IMPULSAR ESTRATEXIAS DE APOIO AO DESENVOLVEMENTO SOCIOECONÓMICO DOS DOUS TERRITORIOS.
COMPETENCIA :AUGAS:
ABASTECEMENTO EN AUGA EN ALTA (CAPTACIÓN E EMBALSE),E BAIXA (SUMINISTRO E CONSUMO)
RECOLLIDA DE AUGAS RESIDUAIS , TRATAMENTO E DEPURACIÓN .

NOVAS

 A secretaría de cultura, traballa para que no mes de agosto ou setembro haxa unha edición máis de entroido de verán.

OBRAS HUMANIZACIÓN O CASAL

 Comezaron as obras de humanización da estrada provincial EP-1104 entre o río de Figueirido e Abelendo. Unha obra que pretende ser pioneira e que conta coas cesións de balde por parte da veciñanza que demostraron unha vez máis a importancia do “todos” sobre o “meu”.

✅Arrancan as obras de humanización da estrada provincial EP1104 no tramo do Casal. Despois de 4️⃣ anos de intenso traballo co concello de Moaña e da AVV San Martiño para conseguir as cesións gratuítas necesarias por parte da veciñanza con propiedades na zona.
➡️Desde o goberno supramunicipal queremos agradecer á Deputación de Pontevedra a aposta por un modelo de mobilidade sustentable no que as persoas son o máis importante.
🔝Este proxecto converterá a estrada nunha rúa urbana cunha gran praza pública para uso e desfrute d e toda a veciñanza.

NOVAS

 O goberno supramunicipal , lamenta que O Morrazo Autónomo non poida estar en FITUR (Feira internacional de turismo), éste ano ,e negociará nos vindeiros anos a súa presencia .

NOVAS

 A humanización da estrada provincial de Abelendo (EP-1104 que conecta a Porta do Cego con Coiro) comenzará coas obras da súa ambiciosa primeira fase na zona do Casal no mes de maio, despois de catro anos de tramitación e de traballo por parte da AVV San Martiño e do Concello de Moaña para lograr as cesións dos terreos necesarios.

A adxudicación das obras da primeira fase aprobarase este mesmo venres na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra. A empresa adxudicataria terá un mes para iniciar os traballos e despois outros seis meses para construir toda a primeira fase. Isto supón un adianto nos prazos anunciados en xaneiro, que estimaban o comezo das obras para finais do verán.