♻️ A Mancomunidade do Morrazo impulsa un novo modelo de recollida de residuos máis sostible e adaptado á economía circular
A Mancomunidade vén de iniciar a contratación dun novo servizo de residuos para Bueu, Cangas e Moaña que suporá unha transformación profunda do sistema actual.
O novo contrato integra nun único servizo:
• Recollida de orgánica (FORM)
• Selectiva de envases, papel, vidro
• Mobles, enseres, RAEE, aceites, pilas e podas
• Puntos limpos fixos e móbiles
• Limpeza e mantemento de contedores
• Servizo en feiras, festas e eventos
• Xestión do complexo ambiental da Portela
🎯 O obxectivo: máis separación en orixe, máis reciclaxe e menos residuos en vertedoiro, cumprindo coa normativa europea para 2025, 2030 e 2035.
🚛 O contrato inclúe:
• Renovación total da frota
• Máis brigadas para residuos dispersos
• Implantación real da orgánica
• Mellora da atención á veciñanza
• Tecnoloxía para controlar o servizo
• Auditoría anual externa
• Máis campañas de sensibilización
💶 Investimento inicial: 9,8 millóns de euros
📅 Duración: 10 anos | 4,37 M€/ano
Ademais, aos 5 anos a Mancomunidade poderá recuperar a xestión directa do servizo.
Un paso decisivo cara a un Morrazo máis limpo, moderno e sostible, no que a colaboración veciñal será cluave.
PEDIMOS A REPOSICIÓN DOS CONTEDORES ROTOS E EN MAL ESTADO NOS BARRIOS DA COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO.
#omorrazoautonomo
#moaña
#mancomunidadedomorrazo
Ningún comentario:
Publicar un comentario