Dende a Comunidade do Morrazo Autónomo , poñemos s disposición das asociacións veciñais , ésta información:
Miudiño S. Coop. Galega, unha cooperativa dedicada ao deseño e desenvolvemento de actividades culturais, educativas e de dinamización social, con especial atención á infancia, ás familias e á comunidade.
Coa chegada da programación de outono-inverno, queremos compartir convosco o noso cartafol de actividades, no que atoparedes propostas pensadas para asociacións culturais, asociacións de veciños, centros culturais e outras entidades que traballan por manter vivos os espazos de encontro e participación nos nosos barrios e parroquias.
En Miudiño cremos que a cultura, o xogo, a creatividade e os momentos compartidos son ferramentas valiosas para fortalecer os vínculos entre as persoas e contribuír ao benestar da comunidade. Por iso, deseñamos actividades inclusivas, participativas e adaptables, que buscan promover a convivencia, estimular a participación de todas as xeracións e coidar tamén a saúde emocional das persoas.
Cada entidade é diferente, polo que traballamos con flexibilidade para adaptar as nosas propostas ás vosas necesidades, aos espazos dispoñibles e ao público ao que van dirixidas.
Agardamos que algunha das nosas actividades poida formar parte da vosa programación. Estaremos encantadas de resolver calquera dúbida, ampliar información ou preparar propostas á medida.
Por se é do voso interese poderíades solicitar o copago da actividade a través da liña de apoio do programa "Culturea" da Deputación de Pontevedra.
Miudiño S. Coop. Galega
608605211
+34 608 60 52 11
https://miudinho.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario