xoves, 23 de decembro de 2021
xoves, 9 de decembro de 2021
NADAL 2021 NO MORRAZO AUTÓNOMO:
Xa e Nadal no Morrazo Autónomo ! .
PROGRAMA DO NADAL 2021-22 NO MORRAZO AUTÓNOMO:
PROGRAMA DO NADAL 2021-22 NO MORRAZO AUTÓNOMO.
#gobernopromorrazo
#omorrazoautonomo
#nadal2021
#culturasegura
Novas
Dende o goberno supramunicipal , mostramos a nosa repulsa a instalación de parques eólicos nos montes das zonas de Broullón e A Fraga ,no Morrazo Autónomo .
Menos dunha semana despois da nova publicada nos medio de comunicación de que o proxecto do parque eólico de Pedras Negras, no Morrazo, fora desestimado pola empresa que o promovía, Enel Green Power España, escoitanse rumores de que outra empresa, desta volta ACS, pretende instalar en monte comunal e particular un parque eólico entre as parroquias de Ermelo, Cela (en Bueu) e Ardán (Marín).
Unha vez máis con medias verdades e mentiras pretenden, a golpe de talonario, convencer a comuneir@s e propietari@s particulares das vantaxes que ten instalar aeroxeradores nos seus terreos. Uns aeroxeradores que como xa dixemos no caso de Pedras Negras van producir un forte impacto ambiental, cultural e paisaxístico no territorio e que con toda probalilidade teñan que ver coas localizacións alternativas contempladas na área de desenvolvemento eólica (ADE) do Morrazo xunto coas proxectadas e finalmente desestimadas no parque eólico de Pedras Negras.
A ADE do Morrazo está formada por unha superficie, en forma de triángulo, que abrangue unhas 4300 has. de territorio nos concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Moaña e Bueu. Ademais dos 14 aeroxeradores proxectados do parque eólico de Pedras Negras, agora desbotado, existen outras 21 localizacións alternativas que non puideron entrar dentro dese proxecto de parque eólico porque a lexislación autonómica non permite pasar os 50 MW de potencia nos parques da súa competencia.
Estas 21 localizacións alternativas estarían situadas nas áreas naturais dos altos da Encavada, Outeiro da Graña, Castiñeiras, Coto Redondo, Monte das Barreiras, Outeiro dos Asubións, O Picoto, A Cavada, Chan de Xestoso, Monte Formigoso, Monte Sobreira, Monte Furcos, Agudelo-Monte de San Lourenzo, Chan das Bolas, Monte do Grilo, Monte da Paralaia, Outeiro da Paralaia e Chans de Ermelo. Xunto cos 14 aeroxeradores do parque eólico de Pedras Negras, agora desbotado, acolle todas as cotas entre os 400 e 600 metros sobre o nivel do mar, afectando de xeito dramático toda a paisaxe da península do Morrazo.
As afeccións da instalación dun parque, sexa cal for o seu tamaño, serían similares ás proxectadas con respecto ao parque eólico de Pedras Negras, cun grande impacto paisaxístico, ambiental, cultural e arqueolóxico pola construción de pistas de acceso dun mínimo de 6 metros de anchura e ampliación doutras xa existentes. Hai que ter en conta ademais que a plataforma onde se montaría cada un dos aeroxeradores tería o tamaño dun campo de fútbol co conseguinte desmonte, movemento de terras, afección do solo e o subsolo, acuíferos, e perda de hábitats que iso implica. O tamaño dos propios aeroxeradores, de máis de 100 metros de fuste e 100 metros de pás, á parte do grande impacto visual e acústico na paisaxe, afectaría a fauna como paxaros e morcegos incrementado a súa mortandade por colisións, non permitiría a plantación de arborado e impediría actividades recreativas como o parapente. Finalmente estaría tamén a necesidade de construción de gabias e dunha subestación eléctrica para a transformación e distribución da enerxía xerada, co que iso implica tamén de impacto no medio natural.
Tan só cos montes de Ermelo, Cela e Ardán, entre os concellos de Bueu e Marín e no límite co concello de Moaña, onde poderían instalarse ao redor de 8 muíños, resultarían afectadas as concas altas dos regos Bouzós, do Inferno, da Pena e das Gorgadas, con hábitats naturais prioritarios e comunitarios e fauna e flora endémica e vulnerable, dentro solo rústico de protección de espazos naturais segundo os PXOM de Bueu e Marín, correspondente aos espazos naturais da Carballeira de Coiro e dos Montes do Morrazo segundo as antigas normas subsidiarias e complementarias de planeamento da provincia de Pontevedra.
Resultarían tamén afectadas as contornas de protección das mámoas de Paralaia, Chan da Paralaia, Chan das Bolas e Forno das Arcas, dos espazos de interese xeolóxico e paisaxístico dos altos da Paralaia, Agudelo e o Monte de San Lourenzo. Veriase tamén afectada a contorna por onde transcorre o GR-59 do sendeiro de grande percorrido do Morrazo e os sendeiros de curto percorrido de Ermelo e de Chans de Cela e o de bicicleta de montaña do concello de Marín.
Outras afeccións que provocarían os aeroxeradores serían as acústicas e visuais con varios núcleos rurais nas súas proximidades -Ermelo, Broullón, A Paradela, Pastoriza, A Fraga-. Lugares que ademais xa están ameazados polo proxecto do parque industrial da Cruz da Maceira, promovido pola Agrupación de Empresarios de Moaña e incluído no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galiza e tamén na área anexa de Pastoriza, onde o Concello de Marín planificou hai anos construír o seu parque empresarial.
A área de desenvolvemento eólica (ADE) do Morrazo, anteriormente área de investigación e adxudicada inicialmente á empresa ENDESA, está integrada desde o ano 1997 no Plan Sectorial Eólico de Galiza. O Plan Sectorial Eólico Galego, aprobado pola Xunta de Galiza no ano 1997 e modificado posteriormente no ano 2002, ademais de inexistente xuridicamente (foi aprobado pero non foi publicado o seu texto integramente), tampouco foi sometido á correspondente Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) segundo a Lei 9/2006 sobre a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, trasposición á lei estatal da Directiva 2001/42/CE do Parlamento e do Consello da Unión Europea. Xa que logo, na actualidade ademais de ser unha planificación ilegal, resulta totalmente obsoleta.
A aprobación da Lei 5/2017 de fomento da implantación de iniciativas empresariais, coñecida popularmente como “Lei da depredación”, por parte da Xunta acelerou e simplificou algúns procedementos como os requeridos polos parques eólicos, aos que acurtou o prazo para presentar alegacións e suprimiu a obrigatoriedade de xustificar os procesos de expropiación das terras a través da cualificación de “utilidade pública” destas.
Con esta mesma lei promoveu a modificación da disposición transitoria segunda da Lei 8/2009, que regula o aproveitamento eólico en Galiza. Esta modificación de dita Lei xunto coa recente a través da Lei 9/2021 de simplificación administrativa e de reactivación económica que permitiu cambiar así mesmo o seu artigo 6.4, posibilita por engadido a proxección dos parques eólicos fóra das propias áreas de desenvolvemento eólicas en solo rústico sen protección.
Outra táctica empregada tanto pola Xunta en connivencia coas promotoras dos parques é fraccionalos para evitar a correspondente avaliación de impacto que legalmente deberan realizar para o seu conxunto.
Na actualidade ao redor do 88% do territorio galego non conta con ningunha figura de protección ambiental propiamente dita. Só ao redor do 12% figura dentro da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos e a Rede Natura. No Morrazo esta protección non chega nin ao 5% do seu territorio -Costa da Vela, Cabo Udra e Enseada de San Simón-, e na súa maioría corresponde co mar. O que se traduce en que o territorio galego, e dentro del O Morrazo, está a ser facilmente albo da especulación urbanística, industrial e, no caso que nos atinxe neste momento, da eólica, pola falta de protección. Un fiel reflexo da connivencia do goberno da Xunta cos intereses das multinacionais que priman máis os seus intereses económicos que os ambientais que ao cabo nos afectan a tod@s.
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo rexeita a proxección de calquera novo parque eólico nos montes do Morrazo e esixe a retirada da ADE do Morrazo, como xa se solicitou no seu momento en moitas das alegacións entregadas e mocións presentadas aos concellos do Morrazo, entre 2012 e 2013, co gallo da información pública do proxecto do parque eólico de Pedras Negras.
Para a Plataforma non se pode permitir a construción de máis parques eólicos nin a industrialización dos nosos montes por seren claramente insustentábeis ao implicar un impacto moi grande e irreversible no territorio. Alén disto, producimos xa máis electricidade da que consumimos e malia isto, estamos a sufrir unha nova burbulla eólica coa escusa da mal chamada transición ecolóxica que ameaza a boa parte do territorio que se salvou da primeira vaga eólica nos anos 90 e principios do 2000, que ocupou e mesmo sacrificou ambientalmente as áreas de maior potencial eólico como son a Mariña luguesa, a Costa da Morte e a Dorsal Galega.
A Plataforma avoga por outro modelo de implantación, tanto da enerxía eólica como tamén da solar, a nivel local, comunitaria, libre de monopolios empresariais e baseado en instalacións a pequena escala fóra dos espazos naturais, preto dos núcleos de poboación ou nas propias edificacións. Un modelo que comportaría a democratización da produción e consumo de electricidade e que habería que combinar co decrecemento e a necesaria concienciación social para reducir, aforrar e ser máis eficientes no noso consumo, se queremos ser verdadeiramente sustentables e adaptarnos ante os retos da mudanza climática e o quecemento global das temperaturas.
A falta de información oficial o único que sabemos é que houbo unha xuntanza na comunidade de montes de Ardán cun enxeñeiro da empresa promotora, pero de se facer oficial o proxecto e continuar a súa tramitación, esta plataforma anuncia novas mobilizacións no futuro como xa fixo durante a década pasada para parar o proxecto de parque eólico de Pedras Negras.
#gobernopromorrazo
#omorrazoautonomo
#eolicosnon
#eolicosnosmontesdomorrazo
Novas
O goberno supramunicipal , anuncia o seu apoio a moeda galega "A sabia " .para introducila na sociedade .
#gobernopromorrazo
#omorrazoautonomo
https://asabiagalega.wordpress.com/2020/11/01/como-se-introducen-as-sabias-na-comunidade/
NOVAS
O parque infantil da Paradela xa está aberto aos rapaces .
O parque infantil da Paradela xa está aberto aos rapaces tras o seu acondicionamento integral.
A concelleira socialista de obras e servizos, Marta Freire Riobó, e a Alcaldesa de
Moaña, Leticia Santos Paz, visitaron o Parque da Paradela para supervisar os
traballos de acondicionamento executados nos últimos meses. Freire, como responsable da área de Obras e Servizos, ten claro que “contar con espazos de xogo seguros na nosa vila redunda de maneira clara no benestar da poboación máis pequena” e, baixo esa premisa, ano tras ano, dende a área que ela dirixe “se veñen realizando importantes investimentos nas diferentes áreas de xogo que temos ao longo de todo o término municipal de Moaña”.
O Concello de Moaña levou a cabo ao longo dos últimos anos melloras de diferente calado na maioría das zonas de xogo infantil “intentando sempre mellorar a seguridade dos espazos, a accesibilidade naquelas áreas nas que era posible, e primando a instalación de elementos inclusivos ou/e novidosos”, recorda a edil.
Reparáronse os parques da Fraga, da Guía, do Almacén en Domaio, de San Lourenzo, o Parque infantil de San Bartolomeu, o de Lola Diz, o do
Concello, do Vaticano, do Casal e o de Praia-Seara. O último foi o da Paradela, situado ao carón da PO-313, moi preto do Mirador da Fraga, que a semana pasada procedeuse á súa reapertura.
Estado no que quedou o parque tras o seu acondicionamento.
Este espazo de xogo non se puido reabrir ao mesmo tempo que o resto de parques de Moaña porque presentaba danos moi importantes no seu peche perimetral, había varias deficiencias nas losetas de caucho instaladas na área de caída dos xogos e era necesario facer varios traballos de reparación e restauración dos elementos de xogo alí instalados.
Dada a súa situación o goberno municipal executou con cargo aos orzamentos deste ano o seu acondicionamento e nesta actuación investiu preto de 9000 euros. substituíu todo o peche perimetral do parque infantil e instalouse unha valla de madeira técnica con maior durabilidade e resistencia, restaurouse o xogo combinado e o do muelle, ademáis do pórtico de columpios. Tamén instalouse un novo elemento consistente nunha torre doble e céspede artificial naquelas zonas nas antes había losetas de caucho deterioradas.
Grazas a cooperación territorial co concello de Moaña .
#gobernopromorrazo
#omorrazoautonomo
mércores, 3 de novembro de 2021
NOVAS
Dende o Concello de Moaña traballan co goberno supramunicipal, para extender a rede de abastecemento municipal da auga, naquelas zonas nas que é posible facelo desde a rede xeral xa tendida. Neste caso, na Paradela, no Morrazo Autónomo, o Camiño da Racha, tras ser priorizado polo Consello Veciñal do Carme de Moaña

Esta obra está financiada pola Deputación Pontevedra a través do Plan Concellos, e permitirá dotar de abastecemento municipal de auga ás vivendas da zona, ademais de renovar completamente a pavimentación deste vial o que mellorará tamén o tránsito polo mesmo
NOVAS
Dende o goberno supramunicipal co Concello de Moaña , seguimos avanzando trámites para que a Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia nos autorice a instalar, na parcela que posúe no Casal baixo o viaduto de Ameixoada, unha zona deportiva composta de Skate Park


luns, 6 de setembro de 2021
NOVAS
O goberno supramunicipal vai , poñer en marcha 2 obradoiros
a partires de setembro e outubro de 2021,e os convenios de practicas e
convenios de formación a partires do mes de outubro.
Os obradoiros poranse en marcha a partires do 25 de setembro
e os convenios de formación comezarán a partires do 1 de outubro.
Os interesados poden anotarse na paxina web do gobernó supramunicipal
www.gobernopromorrazo.blogspot.com.es do 6 de setembro ao 20 de setembro ambos días
inclusive .
NOVAS
O goberno supramunicipal negociará con Vigo Autónomo neste
mes de setembro , eliminar outro tramo
da condonación da DPE dun total 15.000 millóns de euros .Dos cales ,xa 6.000
millóns ,xa foron devoltos.
O secretario de economía , José Armesto , dixo que "é
necesario seguir reducindo a DPE , Polo benestar social e económico da
comunidade comarcal, presente e futuro".
O secretario do tesouro de Vigo Autónomo, Miguel Fernández,
dixo que é posible seguir reducindo a débeda , facilitando a descondonacion da
DPE .
Armesto , recalcou que "toda ésta débeda , foi herdanza
do anterior goberno popular, que pidiu numerosas cantidades de diñeiro
hipotecando a economía da comunidade comarcal , por anos".
NOVAS
DATOS ECONÓMICOS ATA Ó30DE AGOSTO DO 2021:
PARO=10.4 37 PARADOS
ECONOMÍA= 680%
DPE= 800M€
DPI=1.3 30M€
DEUDA PRIVADA=980 M€
martes, 17 de agosto de 2021
martes, 13 de xullo de 2021
NOVAS
O goberno supramunicipal vai , poñer en marcha 2 obradoiros a partires de setembro e outubro de 2021,e os convenios de practicas e convenios de formación a partires do mes de outubro.
A secretaría de cultura, traballa para que no mes de agosto ou setembro haxa unha edición máis de entroido de verán.
IV EDICIÓN FESTIGALIZATE ANO 2021:
martes, 1 de xuño de 2021
TEMPADA CONTRA ÓS LUMES DO VÉRAN 2021:
NOVAS
O goberno supramunicipal vai , poñer en marcha 2 obradoiros a partires de setembro e outubro de 2021,e os convenios de practicas e convenios de formación a partires do mes de outubro.
NOVAS
Durante ó mes de xuño o goberno supramunicipal revisará as seguintes competencias:
NOVAS
A secretaría de cultura, traballa para que no mes de agosto ou setembro haxa unha edición máis de entroido de verán.
OBRAS HUMANIZACIÓN O CASAL
Comezaron as obras de humanización da estrada provincial EP-1104 entre o río de Figueirido e Abelendo. Unha obra que pretende ser pioneira e que conta coas cesións de balde por parte da veciñanza que demostraron unha vez máis a importancia do “todos” sobre o “meu”.




NOVAS
O goberno supramunicipal , lamenta que O Morrazo Autónomo non poida estar en FITUR (Feira internacional de turismo), éste ano ,e negociará nos vindeiros anos a súa presencia .
NOVAS
A humanización da estrada provincial de Abelendo (EP-1104 que conecta a Porta do Cego con Coiro) comenzará coas obras da súa ambiciosa primeira fase na zona do Casal no mes de maio, despois de catro anos de tramitación e de traballo por parte da AVV San Martiño e do Concello de Moaña para lograr as cesións dos terreos necesarios.
venres, 9 de abril de 2021
NOVAS
A secretaría de economía, anuncia que negociará con ACOPEGA e a FECCOGA , a redución da débeda pública interior na vindeira reunión .
DATOS ECONÓMICOS :
DATOS ECONÓMICOS ATA Ó15 DE MARZO DO 2021:
O MORRAZO AUTÓNOMO EN FITUR 2021:
O secretario de turismo, Lois Pena, di que" ir a Fitur sería un paso grande para ó seu recoñecemento en Galicia ,en España, e internacionalmente" .
luns, 8 de marzo de 2021
EXPOSICIÓN DO MORRAZO AUTÓNOMO EN FITUR:
A secretaría xeral e a secretaría de cultura turismo e patrimonio , únense para promocionar a comunidade comarcal do Morrazo Autónomo, na feira internacional de turismo (FITUR) de Madrid , que se celebrará éste ano no mes de maio.