O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

martes, 1 de xuño de 2021

OBRAS HUMANIZACIÓN O CASAL

 Comezaron as obras de humanización da estrada provincial EP-1104 entre o río de Figueirido e Abelendo na Comunidade do Morrazo Autónomo. Unha obra que pretende ser pioneira e que conta coas cesións de balde por parte da veciñanza que demostraron unha vez máis a importancia do “todos” sobre o “meu”.

✅Arrancan as obras de humanización da estrada provincial EP1104 no tramo do Casal. Despois de 4️⃣ anos de intenso traballo co concello de Moaña e da AVV San Martiño para conseguir as cesións gratuítas necesarias por parte da veciñanza con propiedades na zona.
➡️Desde o goberno supramunicipal queremos agradecer á Deputación de Pontevedra a aposta por un modelo de mobilidade sustentable no que as persoas son o máis importante.
🔝Este proxecto converterá a estrada nunha rúa urbana cunha gran praza pública para uso e desfrute d e toda a veciñanza.

NOVAS

 A humanización da estrada provincial de Abelendo na Comunidade do Morrazo Autónomo (EP-1104 que conecta a Porta do Cego con Coiro) comenzará coas obras da súa ambiciosa primeira fase na zona do Casal no mes de maio, despois de catro anos de tramitación e de traballo por parte da AVV San Martiño e do Concello de Moaña para lograr as cesións dos terreos necesarios.

A adxudicación das obras da primeira fase aprobarase este mesmo venres na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra. A empresa adxudicataria terá un mes para iniciar os traballos e despois outros seis meses para construir toda a primeira fase. Isto supón un adianto nos prazos anunciados en xaneiro, que estimaban o comezo das obras para finais do verán.

luns, 8 de marzo de 2021

HUMANIZACIÓN SAN MARTIÑO:

A Xunta de goberno da comunidade do Morrazo Autónomo aposta por un entorno en San Martiño , con calzadas de pedra con acceso só peatonal e para ciclistas , coa prohibición do tráfico rodado ao entorno.

O Secretario de Cultura e Patrimonio, Lois Pena, dixo que "seguramente se faga un sentido único do tráfico rodado , só para residentes na zona".
O secretario de Cultura e Patrimonio, agradece a Asociación de veciños de san Martiño e ao concello de Moaña , ó seu interese na realización deste proxecto , xa que é un lugar especial da Comunidade do Morrazo Autónomo en Moaña .
#omorrazoautonomo


Un dos proxectos contemplados no programa das eleccións municipais de xuño de 2019, da Presidenta do Morrazo Autónomo, Natalia Romero , é poñer en valor a zona histórica e cultural de San Martiño no Morrazo Autónomo e en Moaña . Un proxecto pedido pola veciñanza e aceptado polo goberno supramunicipal e polo concello de Moaña .

OBRAS E ACTUACIÓNS:

 Unha obra de cooperación territorial co concello de Moaña para poñer en valor a zona cultural e histórica de san Martiño da Comunidade do Morrazo Autónomo.

Arranca o proxecto para a Humanización e Posta en Valor do Núcleo Histórico de San Martiño. Entre as intencións para o proxecto está calmar velocidades de tráfico para tornar a zona máis segura e humana e crear un ambiente acorde cos valores culturais e históricos do ámbito.
Moitas grazas polas achegas ao proceso participativo en curso.

domingo, 14 de febreiro de 2021

A NOVA LEI DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO APROBADA EN XANEIRO , NON AFECTARÁ A LPT DO MORRAZO AUTÓNOMO:

 ENLACE NA PUBLICACIÓN DO DOG : https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioC3B0-110121-0001_gl.pdf

martes, 26 de xaneiro de 2021

HUMANIZACIÓN PORTA DO CEGO (ABELENDO) - O CASAL E A MEIXOADA:

 Humanización da estrada Porto do cego-Figueirido:


Case 600 metros, entre sendas peonís e plataforma única
As obras abranguen un tramo de 560 metros entre os PQ 1+200 e 1+780, entre a curva do río de Figueirido ata o remate da recta do Casal. Case 400 metros contarán con sendas peonís en ambas beiras e o resto disporá de plataforma única con prioridade peonil. O proxecto deseñouse en función das posibilidades en cada punto de ampliar a sección.
Nos tramos nos que foi posible ensanchar gracias á posibilidade de retranquear os peches das propiedades, manterase o dobre carril de circulación rodada cun ancho total de 6 metros, engadindo sendas peonís de uns 3 metros de anchura. Esta configuración aplicarase a un primeiro de 249 metros dende o inicio da estrada e a un segundo, de 144 metros a partir do PQ 0+436. Está previsto executar tamén un paso de peóns sobreelevado e varios redutores físicos de velocidade (badéns).
"No resto do tramo, cunha lonxitude duns 200 metros, onde as aliñacións edificatorias apegadas á calzada xa non permiten os retranqueos haberá unha plataforma única de convivencia, con prioridade peonil e debidamente sinalizada sobre pavimento de formigón". Dixo ó Secretario de Cooperación territorial, territorio e Urbanismo, Antón Casal.
"Ademais está prevista a dotación de drenaxe das augas pluviais en todo o percorrido, construción de 9 muros de contención e varias varandas. Ao longo de todo o traxecto procederase a renovar completamente a iluminación pública, con novos farois e luces con tecnoloxía led. Os servizos de subministro eléctrico e de telecomunicación s quedarán tamén soterrados. O proxecto inclúe, ademais, a instalación de mobiliario urbano, como bancos de madeira e unha papeleira nun espazo que se habilitará unha pequena praza. Finalmente habilitaranse alcorques para a delimitación das árbores existentes, ademais da plantación de 4 olivos".Dixo Antón Casal.
Ao longo deste mes de xaneiro a Deputación está a licitar catro obras de mellora da seguridade viaria na Rede Provincial de Estradas cun orzamento total de 1,3millóns de euros. Ademais da EP-1104 Moaña-Coiro.

martes, 5 de xaneiro de 2021

MENSAXE DE FIN DE ANO DA PRESIDENTA DO MORRAZO AUTÓNOMO:

 Natalia Romero:

Éste ano foi moi difícil para todos , un ano duro , pero fixemos ó que puidemos . Pois a Pandemia que atravesamos nestes intres , son momentos duros ,nos cales temos que estar unidos .
Ó meu equipo de goberno , fixo durante 2020, todo ó que puido , sobre todo prestando especial atención aos colectivos que traballan polo benestar social e cultural ,xa que resultaron moi afectados pola crise sanitaria da COVID 19.
Tivemos eventos culturais que Foron cancelados ,a pesares dos esforzos para evitar as cancelacións , pois nonon foi posíbel por cumprir as normas sanitarias.Os distintos eventos culturais coma ó entroido de verán e ó festigalizate , son eventos culturais que reúnen moitas persoas , polo tanto non se salvaron .
Neste ano duro , estivemos traballando cos veciños ,en moitas ocasións para marcar o ritmo de vida e obra da comunidade comarcal , pois temos que realizar todo ó que ós veciños pidan.
Neste ano atípico , que remata , quero poñer en práctica o aprendido durante o ano , agardando que no ano 2021 , sexa un ano mellor que o 2020.
Comprométome e todo ó equipo de goberno supramunicipal , comprométese a que os presupostos do 2021 , sexan mellores que os do 2020 , que foron bastante mellores que os dos anos anteriores.
Nestes tempos , queremos poñernos do lado dos veciños ,e desexarlles a todxs un feliz ano 2021!.

 
Natalia Romero Gil
 ,




Presidenta do Morrazo Autónomo.

martes, 15 de decembro de 2020

PROGRAMA DO NADAL 2020:



NOVAS

 As actividades do programa de Nadal deste 2020, serán reducidas e con poucas persoas , debido a pandemia da COVID 19 .

A Secretaría de Cultura , está xa na redacción do programa do Nadal , na cal serán suprimidas algunhas actividades coma a recepción de Papa Noel , ó apalpador ou as cabalgatas dos reis magos.
Haberá actuacións de panxoliñas a un aforo dun 30% e cumprindo ás normas sanitarias, durante ós días de Nadal , así como tamén música ambiental ó fin de ano .
As actuacións de dj's ou verbenas serán tamén unhas das actividades suprimidas éste ano .
Ó encendido da iluminación de nadal , contará con aforo limitado e con normas sanitarias ó venres 11 de decembro .
Está pendente de anunciar de se haberá espectáculo pirotécnico ó 31 de decembro .
O programa de Nadal 2020, darase a coñecer antes do 8 de decembro.

venres, 13 de novembro de 2020

NOVAS

 O Secretario de Cultura , Lois Pena, anuncia que Voz y Producciones , volverá a ser contratada coma empresa para o nadal do 2020

NOVAS

 O goberno supramunicipal , a través da Secretaría de Cultura, contratará este ano outra vez a ALVAZ ILUMINACIÓN E SONIDO, para a colocación da iluminación de Nadal no MOrrazo AUtónomo .
A COLOCACIÓN DA ILUMINACIÓN COMEZARÁ O VINDEIRO 17DE NOVEMBRO E REMATARÁ Ó 10 DE DECEMBRO. 
O ENCENDIDO DA ILUMINACIÓN DE NADAL ESTÁ PROGRAMADA PARA Ó 11 DE DECEMBRO.

venres, 16 de outubro de 2020

MEDIO AMBIENTE:

 

A secretaría de Medio ambiente , valora de "moi positiva" ,a campaña antiincendios 2020, durante xullo e setembro , cun total de 5 incendios forestais rexistrados.

TURISMO:

 

A Secretaría de turismo , valora os datos de visitantes a comunidade comarcal durante ó verán 2020 ,a pesar da COVID 19 :
3069 visitantes.
1.400 visitas durante ó mes de setembro.

COMUNICADO DA PRESIDENTA DO MORRAZO AUTÓNOMO, DNA. NATALIA ROMERO:

 

Natalia Romero, Presidenta do Morrazo Autónomo:"Os meus parabéns a Comunidade comarcal de A Paradanta Autónoma por lograr a Presidencia de ACOPEGA 2020/2027!
O Morrazo Autónomo , volverá ser candidato no ano 2027 , para lograr a Presidencia de ACOPEGA ,coma xa foi no 2013.
Agardo que A Paradanta Autónoma, faga un traballo moi bó na Presidencia de ACOPEGA .
Por parte do Morrazo Autónomo , teremos unhas boas relacións entre as dúas comunidades comarcais".

MOAÑA ANTIQUA 2020:

 

quí vos deixamos o programa definitivo de Moaña AntiQua. Manteranse as actuacións culturais, pero as previsións metereolóxicas obrígannos a suspender o mercado medieval. Os actos de Moaña Antiqua concentraranse maioritariamente nunha carpa na que se desenvolverán ditas actuacións, cumprindo escrupulosamente todas as medidas sanitarias para evitar a propagación da COVID-19. #MoañaAntiQua #CulturaSegura

NOVAS

 

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO GOBERNO SUPRAMUNICIPAL NO 28X – DIA DO ORGULLO LGTBIQ
O goberno supramunicipal do Morrazo Autónomo, asume e fai súa a Declaración , polo Día do Orgullo LGTBIQ que dí o seguinte:
“Condenamos a discriminación ou calquera outra forma de violencia– tanto física como verbal e exercida contra calquera persoa ou colectivo- por razóns de orientación ou identidade sexual ou por calquera outra razón.
Cremos na necesidade de afondar na educación da cidadanía sobre diversidade sexual polo que demandamos a posta en marcha de programas de concienciación e sensibilización que acheguen información á veciñanza.
Ratificamos o compromiso de facer dos nosos pobos e cidades espazos nos que os individuos podan desenvolver a súa sexualidade dunha forma íntegra e natural, independentemente da orientación ou identidade sexual propia”

venres, 26 de xuño de 2020

NOVAS

A Xunta de goberno da Comunidade do Morrazo Autónomo demanda outra vez A Fegamp , o respeto do concello de Moaña hacia a Comunidade do Morrazo autónomo

luns, 15 de xuño de 2020

NOVAS

A Xunta degoberno urxe ao concello de Moaña a aplicación da LPT (Lei de Protección Territorial) , a través da alianza economía , territorial e social nos barrios de A Paradela , broullón e Sabaceda na Comunidade do Morrazo Autónomo

sábado, 14 de marzo de 2020

NOVAS

Medidas de humanización para o entorno de San Martiño e recepción de informe técnico favorable do PMS por parte da Deputación de Pontevedra.
Vimos de recibir o informe técnico favorable por parte da Deputación de Pontevedra sobre o Plan de Mobilidade Sustentable (PMS) do Concello de Moaña, o cal de por sí é unha estupenda noticia.
Iso quere dicir que debemos incidir en dar máxima difusión ás medidas de maior calado ou de máis envergadura para someter a reflexión e debate público as propostas emanadas do proceso participativo inicial. Dita reflexión colectiva debe producirse previamente á aprobación do mesmo.
Adxuntamos unha delas, aproveitando que a zona será protagonista en breve polas datas nas que estamos.
A idea é poñer en valor aquel que máis claramente identificamos como centro histórico os moañeses e moañesas, e aproveitar para resolver problemas de mobilidade calmando o tráfico na zona, coa vista posta en ofrecer alternativas de conexión rodada.
Pero haberá que ir paso a paso: Primeiro debemos lograr a humanización do Casal e Abelendo.
Podedes ver máis información no Faro de Vigo de hoxe:
https://www.farodevigo.es/…/moana-proyecta-con…/2192859.html

sábado, 15 de febreiro de 2020

CARTEL DO ENTROIDO 2020:

Hoxe presentamos a programación do entroido 2020 con éste cartel , realizado por @YaizaMartinez.
Moitas grazas polo traballo realizado!
Moitos parabéns por ser o debuxo seleccionado para ó entroido 2020!!!

NOVAS








Os impostos tributarios subirán en abril un 2%













luns, 20 de xaneiro de 2020

NOVAS

Dende a xunta de goberno da Comunidade do Morrazo Autónomo l #gobernopromorrazo , agradecemos a contribución do concello de Moaña ,nas futuras obras na comunidade do Morrazo Autónomo 

mércores, 20 de novembro de 2019

25-N CONTRA Á VIOLENCIA DE XÉNERO - O MORRAZO AUTÓNOMO EN NEGRO , LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS.

25-N CONTRA Á VIOLENCIA DE XÉNERO - O MORRAZO AUTÓNOMO EN NEGRO , LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS.

NOVAS

O Secretario de Cultura , Lois Pena , anuncia que Voz y Producciones , volverá a ser contratada coma empresa para o nadal do 2019.



O goberno supramunicipal firma coa empresa Voz y sonido Producciones, o contrato para o son para os eventos de nadal 2019 no Morrazo Autónomo .http://www.vozysonido.es
A iluminación de nadal seguirá a cargo da empresa Alvaz iluminaciones 

SÁUDO DA PRESIDENTA POLAS FESTAS PATRONAIS DE SAN MARTIÑO 2019:


martes, 10 de setembro de 2019

NOVAS









DATOS ECONÓMICOS ATA Ó 31 DE XULLO DO 2019:
PARO=11.1 00 PARADOS
ECONOMÍA= 810%
DPE= 1.1 00 M€
DPI=1050 M€
DEUDA PRIVADA=800 M€
#gobernopromorrazo #omorrazoautonomo








O Secretario de economía , pide un aumento do acceso ao crédito un 10% , este ano (agora 40% ). 
#gobernopromorrazo
#omorrazoautonomo




O goberno supramunicipal SEGUIRÁ A PARTIRES DE SETEMBRO COA creación de cooperativas no MOrrazo autonomo CO programa chamado "CREA COOPERATIVA, ECONOMÍA SOCIAL E TRABALLO".#gobernopromorrazo
#omorrazoautonomo