O MORRAZO AUTÓNOMO

COMUNIDADE DO MORRAZO AUTÓNOMO. COMUNIDADE VECIÑAL DOS BARRIOS RURAIS HISTÓRICOS DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE MOAÑA. Formada polos barrios rurais históricos da parroquia de San Martiño de Moaña . Comunidade veciñal , para a difusión da cultura dos barrios , a defensa patrimonial e natural ,a divulgación da súa historia e o seu desenvolvemento e mantemento por parte das administracións públicas.

venres, 27 de maio de 2022

NOVAS

 A Xunta de goberno da Comunidade do Morrazo Autónomo , pedirá ao concello de Moaña , Novos reductores de velocidade para o barrio de A Paradela .

O goberno supramunicipal , demandará ao concello moañes a execucion de reductores no barrio de Paradela , xa que o tráfico rodado Vai a moitas velocidade pola estrada que conecta O Redondo coa estrada que conecta A capela dos milagres , Polo que e un perigo para os viandantes e veciños.


mércores, 25 de maio de 2022

FEIRA MEDIEVAL MOAÑA ANTIQUA 2022:

 Do 24 ao 26 de xuño de 2022 volve MOAÑA Antiqua, a nosa festa medieval co seu mercado, obradoiros, exposicións e actuacións no contorno de San Martiño, Moaña.


venres, 8 de abril de 2022

INVERSIÓNS DO CONCELLO DE MOAÑA NO MORRAZO AUTÓNOMO DOS PRESUPOSTOS DO 2022:

 Inversions do concello de Moaña na Comunidade do Morrazo Autónomo dos presupostos do ano 2022:

*Creación parque forestal de Os Remedios en Fontes .
*Finalización da humanización do vial de O Casal .
*Restauración do cruceiro de Sabaceda
*Asfaltado do vial de Os Ladrados .
*Recuperación da ruta do curso fluvial río do Gres en O Casal .
*Restauración do cruceiro de O Casal .
*Acondicionamento dos camiños de A Granxola e o Salvante .
*Asfaltado do vial de A Meixoada -A Rubiña-O Casal .
*Construcion das pistas pump track e skate park en O Casal.
*Mellora da seguridade viaria en A Marrua .
*Estratexia Rialdarca en Sabaceda.
*Asfaltados de camiños en A Paradela .

xoves, 9 de decembro de 2021

NADAL 2021 NO MORRAZO AUTÓNOMO:

 Xa e Nadal no Morrazo Autónomo ! .

Despois dos Discursos do secretario de cultura, coa presentación do programa de Nadal 2021, e discurso da Presidenta do Morrazo Autónomo, Natalia Romero, deuse lugar ao encendido da iluminación de Nadal . Coa continuación da actuación do coro infantil e xuvenil do colexio Madreboa de fontes , do Morrazo Autónomo , cantaron unhas panxoliñas .

PROGRAMA DO NADAL 2021-22 NO MORRAZO AUTÓNOMO:


 PROGRAMA DO NADAL 2021-22 NO MORRAZO AUTÓNOMO. 

#gobernopromorrazo

#omorrazoautonomo

#nadal2021

#culturasegura

NOVAS


 Dende a Xunta de goberno do Morrazo Autónomo, mostramos a nosa repulsa a instalación de parques eólicos nos montes das zonas de Broullón e A Fraga ,na Comunidade do Morrazo Autónomo .


Menos dunha semana despois da nova publicada nos medio de comunicación de que o proxecto do parque eólico de Pedras Negras, no Morrazo, fora desestimado pola empresa que o promovía, Enel Green Power España, escoitanse rumores de que outra empresa, desta volta ACS, pretende instalar en monte comunal e particular un parque eólico entre as parroquias de Ermelo, Cela (en Bueu) e Ardán (Marín).


Unha vez máis con medias verdades e mentiras pretenden, a golpe de talonario, convencer a comuneir@s e propietari@s particulares das vantaxes que ten instalar aeroxeradores nos seus terreos. Uns aeroxeradores que como xa dixemos no caso de Pedras Negras van producir un forte impacto ambiental, cultural e paisaxístico no territorio e que con toda probalilidade teñan que ver coas localizacións alternativas contempladas na área de desenvolvemento eólica (ADE) do Morrazo xunto coas proxectadas e finalmente desestimadas no parque eólico de Pedras Negras.


A ADE do Morrazo está formada por unha superficie, en forma de triángulo, que abrangue unhas 4300 has. de territorio nos concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Moaña e Bueu. Ademais dos 14 aeroxeradores proxectados do parque eólico de Pedras Negras, agora desbotado, existen outras 21 localizacións alternativas que non puideron entrar dentro dese proxecto de parque eólico porque a lexislación autonómica non permite pasar os 50 MW de potencia nos parques da súa competencia.


Estas 21 localizacións alternativas estarían situadas nas áreas naturais dos altos da Encavada, Outeiro da Graña, Castiñeiras, Coto Redondo, Monte das Barreiras, Outeiro dos Asubións, O Picoto, A Cavada, Chan de Xestoso, Monte Formigoso, Monte Sobreira, Monte Furcos, Agudelo-Monte de San Lourenzo, Chan das Bolas, Monte do Grilo, Monte da Paralaia, Outeiro da Paralaia e Chans de Ermelo. Xunto cos 14 aeroxeradores do parque eólico de Pedras Negras, agora desbotado, acolle todas as cotas entre os 400 e 600 metros sobre o nivel do mar, afectando de xeito dramático toda a paisaxe da península do Morrazo.


As afeccións da instalación dun parque, sexa cal for o seu tamaño, serían similares ás proxectadas con respecto ao parque eólico de Pedras Negras, cun grande impacto paisaxístico, ambiental, cultural e arqueolóxico pola construción de pistas de acceso dun mínimo de 6 metros de anchura e ampliación doutras xa existentes. Hai que ter en conta ademais que a plataforma onde se montaría cada un dos aeroxeradores tería o tamaño dun campo de fútbol co conseguinte desmonte, movemento de terras, afección do solo e o subsolo, acuíferos, e perda de hábitats que iso implica. O tamaño dos propios aeroxeradores, de máis de 100 metros de fuste e 100 metros de pás, á parte do grande impacto visual e acústico na paisaxe, afectaría a fauna como paxaros e morcegos incrementado a súa mortandade por colisións, non permitiría a plantación de arborado e impediría actividades recreativas como o parapente. Finalmente estaría tamén a necesidade de construción de gabias e dunha subestación eléctrica para a transformación e distribución da enerxía xerada, co que iso implica tamén de impacto no medio natural.


Tan só cos montes de Ermelo, Cela e Ardán, entre os concellos de Bueu e Marín e no límite co concello de Moaña, onde poderían instalarse ao redor de 8 muíños, resultarían afectadas as concas altas dos regos Bouzós, do Inferno, da Pena e das Gorgadas, con hábitats naturais prioritarios e comunitarios e fauna e flora endémica e vulnerable, dentro solo rústico de protección de espazos naturais segundo os PXOM de Bueu e Marín, correspondente aos espazos naturais da Carballeira de Coiro e dos Montes do Morrazo segundo as antigas normas subsidiarias e complementarias de planeamento da provincia de Pontevedra.


Resultarían tamén afectadas as contornas de protección das mámoas de Paralaia, Chan da Paralaia, Chan das Bolas e Forno das Arcas, dos espazos de interese xeolóxico e paisaxístico dos altos da Paralaia, Agudelo e o Monte de San Lourenzo. Veriase tamén afectada a contorna por onde transcorre o GR-59 do sendeiro de grande percorrido do Morrazo e os sendeiros de curto percorrido de Ermelo e de Chans de Cela e o de bicicleta de montaña do concello de Marín.


Outras afeccións que provocarían os aeroxeradores serían as acústicas e visuais con varios núcleos rurais nas súas proximidades -Ermelo, Broullón, A Paradela, Pastoriza, A Fraga-. Lugares que ademais xa están ameazados polo proxecto do parque industrial da Cruz da Maceira, promovido pola Agrupación de Empresarios de Moaña e incluído no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galiza e tamén na área anexa de Pastoriza, onde o Concello de Marín planificou hai anos construír o seu parque empresarial.


A área de desenvolvemento eólica (ADE) do Morrazo, anteriormente área de investigación e adxudicada inicialmente á empresa ENDESA, está integrada desde o ano 1997 no Plan Sectorial Eólico de Galiza. O Plan Sectorial Eólico Galego, aprobado pola Xunta de Galiza no ano 1997 e modificado posteriormente no ano 2002, ademais de inexistente xuridicamente (foi aprobado pero non foi publicado o seu texto integramente), tampouco foi sometido á correspondente Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) segundo a Lei 9/2006 sobre a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, trasposición á lei estatal da Directiva 2001/42/CE do Parlamento e do Consello da Unión Europea. Xa que logo, na actualidade ademais de ser unha planificación ilegal, resulta totalmente obsoleta.


A aprobación da Lei 5/2017 de fomento da implantación de iniciativas empresariais, coñecida popularmente como “Lei da depredación”, por parte da Xunta acelerou e simplificou algúns procedementos como os requeridos polos parques eólicos, aos que acurtou o prazo para presentar alegacións e suprimiu a obrigatoriedade de xustificar os procesos de expropiación das terras a través da cualificación de “utilidade pública” destas.


Con esta mesma lei promoveu a modificación da disposición transitoria segunda da Lei 8/2009, que regula o aproveitamento eólico en Galiza. Esta modificación de dita Lei xunto coa recente a través da Lei 9/2021 de simplificación administrativa e de reactivación económica que permitiu cambiar así mesmo o seu artigo 6.4, posibilita por engadido a proxección dos parques eólicos fóra das propias áreas de desenvolvemento eólicas en solo rústico sen protección.


Outra táctica empregada tanto pola Xunta en connivencia coas promotoras dos parques é fraccionalos para evitar a correspondente avaliación de impacto que legalmente deberan realizar para o seu conxunto.


Na actualidade ao redor do 88% do territorio galego non conta con ningunha figura de protección ambiental propiamente dita. Só ao redor do 12% figura dentro da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos e a Rede Natura. No Morrazo esta protección non chega nin ao 5% do seu territorio -Costa da Vela, Cabo Udra e Enseada de San Simón-, e na súa maioría corresponde co mar. O que se traduce en que o territorio galego, e dentro del O Morrazo, está a ser facilmente albo da especulación urbanística, industrial e, no caso que nos atinxe neste momento, da eólica, pola falta de protección. Un fiel reflexo da connivencia do goberno da Xunta cos intereses das multinacionais que priman máis os seus intereses económicos que os ambientais que ao cabo nos afectan a tod@s.


A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo rexeita a proxección de calquera novo parque eólico nos montes do Morrazo e esixe a retirada da ADE do Morrazo, como xa se solicitou no seu momento en moitas das alegacións entregadas e mocións presentadas aos concellos do Morrazo, entre 2012 e 2013, co gallo da información pública do proxecto do parque eólico de Pedras Negras.


Para a Plataforma non se pode permitir a construción de máis parques eólicos nin a industrialización dos nosos montes por seren claramente insustentábeis ao implicar un impacto moi grande e irreversible no territorio. Alén disto, producimos xa máis electricidade da que consumimos e malia isto, estamos a sufrir unha nova burbulla eólica coa escusa da mal chamada transición ecolóxica que ameaza a boa parte do territorio que se salvou da primeira vaga eólica nos anos 90 e principios do 2000, que ocupou e mesmo sacrificou ambientalmente as áreas de maior potencial eólico como son a Mariña luguesa, a Costa da Morte e a Dorsal Galega.


A Plataforma avoga por outro modelo de implantación, tanto da enerxía eólica como tamén da solar, a nivel local, comunitaria, libre de monopolios empresariais e baseado en instalacións a pequena escala fóra dos espazos naturais, preto dos núcleos de poboación ou nas propias edificacións. Un modelo que comportaría a democratización da produción e consumo de electricidade e que habería que combinar co decrecemento e a necesaria concienciación social para reducir, aforrar e ser máis eficientes no noso consumo, se queremos ser verdadeiramente sustentables e adaptarnos ante os retos da mudanza climática e o quecemento global das temperaturas.


A falta de información oficial o único que sabemos é que houbo unha xuntanza na comunidade de montes de Ardán cun enxeñeiro da empresa promotora, pero de se facer oficial o proxecto e continuar a súa tramitación, esta plataforma anuncia novas mobilizacións no futuro como xa fixo durante a década pasada para parar o proxecto de parque eólico de Pedras Negras.

#gobernopromorrazo 

#omorrazoautonomo 

#eolicosnon 

#eolicosnosmontesdomorrazo

NOVAS


 

A Xunta de goberno da comunidade do Morrazo Autónomo, anuncia o seu apoio a moeda galega "A sabia " .para introducila na sociedade .
#gobernopromorrazo
#omorrazoautonomo
https://asabiagalega.wordpress.com/2020/11/01/como-se-introducen-as-sabias-na-comunidade/

NOVAS


 

 O parque infantil da Paradela xa está aberto aos rapaces .

O parque infantil da Paradela xa está aberto aos rapaces tras o seu acondicionamento integral.

A concelleira socialista de obras e servizos, Marta Freire Riobó, e a Alcaldesa de
Moaña, Leticia Santos Paz, visitaron  o Parque da Paradela na Comunidade do Morrazo Autónomo, para supervisar os
traballos de acondicionamento executados nos últimos meses. Freire, como responsable da área de Obras e Servizos, ten claro que “contar con espazos de xogo seguros na nosa vila redunda de maneira clara no benestar da poboación máis pequena” e, baixo esa premisa, ano tras ano, dende a área que ela dirixe “se veñen realizando importantes investimentos nas diferentes áreas de xogo que temos ao longo de todo o término municipal de Moaña”.

O Concello de Moaña levou a cabo ao longo dos últimos anos melloras de diferente calado na maioría das zonas de xogo infantil “intentando sempre mellorar a seguridade dos espazos, a accesibilidade naquelas áreas nas que era posible, e primando a instalación de elementos inclusivos ou/e novidosos”, recorda a edil.

Reparáronse os parques da Fraga, da Guía, do Almacén en Domaio, de San Lourenzo, o Parque infantil de San Bartolomeu, o de Lola Diz, o do
Concello, do Vaticano, do Casal e o de Praia-Seara. O último foi o da Paradela, situado ao carón da PO-313, moi preto do Mirador da Fraga, que a semana pasada procedeuse á súa reapertura.

Estado no que quedou o parque tras o seu acondicionamento.

Este espazo de xogo non se puido reabrir ao mesmo tempo que o resto de parques de Moaña porque presentaba danos moi importantes no seu peche perimetral, había varias deficiencias nas losetas de caucho instaladas na área de caída dos xogos e era necesario facer varios traballos de reparación e restauración dos elementos de xogo alí instalados.

Dada a súa situación o goberno municipal executou con cargo aos orzamentos deste ano o seu acondicionamento e nesta actuación investiu preto de 9000 euros. substituíu todo o peche perimetral do parque infantil e instalouse unha valla de madeira técnica con maior durabilidade e resistencia, restaurouse o xogo combinado e o do muelle, ademáis do pórtico de columpios. Tamén instalouse un novo elemento consistente nunha torre doble e céspede artificial naquelas zonas nas antes había losetas de caucho deterioradas.

Grazas a cooperación territorial co concello de Moaña .
#gobernopromorrazo
#omorrazoautonomo

https://morrazonoticias.com/o-parque-infantil-da-paradela-xa-esta-aberto-aos-rapaces-tras-o-seu-acondicionamento-integral/

mércores, 3 de novembro de 2021

NOVAS

 Dende o Concello de Moaña traballan coa Xunta de goberno da Comunidade do Morrazo Autónomo , para extender a rede de abastecemento municipal da auga, naquelas zonas nas que é posible facelo desde a rede xeral xa tendida. Neste caso, na Paradela, na Comunidade do Morrazo Autónomo, o Camiño da Racha, tras ser priorizado polo Consello Veciñal do Carme de Moaña 

👨‍👩‍👧‍👦.

Esta obra está financiada pola Deputación Pontevedra a través do Plan Concellos, e permitirá dotar de abastecemento municipal de auga ás vivendas da zona, ademais de renovar completamente a pavimentación deste vial o que mellorará tamén o tránsito polo mesmo

NOVAS

 Actuacións do concello de Moaña na Comunidade do Morrazo Autónomo , no barrio de A Paradela.


NOVAS

 Dende a Xunta de goberno da Comunidade do Morrazo Autónomo co Concello de Moaña , seguimos avanzando trámites para que a Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia nos autorice a instalar, na parcela que posúe no Casal baixo o viaduto de Ameixoada, unha zona deportiva composta de Skate Park 

🛹 e Pump Track 🚲.


martes, 1 de xuño de 2021

OBRAS HUMANIZACIÓN O CASAL

 Comezaron as obras de humanización da estrada provincial EP-1104 entre o río de Figueirido e Abelendo na Comunidade do Morrazo Autónomo. Unha obra que pretende ser pioneira e que conta coas cesións de balde por parte da veciñanza que demostraron unha vez máis a importancia do “todos” sobre o “meu”.

✅Arrancan as obras de humanización da estrada provincial EP1104 no tramo do Casal. Despois de 4️⃣ anos de intenso traballo co concello de Moaña e da AVV San Martiño para conseguir as cesións gratuítas necesarias por parte da veciñanza con propiedades na zona.
➡️Desde o goberno supramunicipal queremos agradecer á Deputación de Pontevedra a aposta por un modelo de mobilidade sustentable no que as persoas son o máis importante.
🔝Este proxecto converterá a estrada nunha rúa urbana cunha gran praza pública para uso e desfrute d e toda a veciñanza.

NOVAS

 A humanización da estrada provincial de Abelendo na Comunidade do Morrazo Autónomo (EP-1104 que conecta a Porta do Cego con Coiro) comenzará coas obras da súa ambiciosa primeira fase na zona do Casal no mes de maio, despois de catro anos de tramitación e de traballo por parte da AVV San Martiño e do Concello de Moaña para lograr as cesións dos terreos necesarios.

A adxudicación das obras da primeira fase aprobarase este mesmo venres na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra. A empresa adxudicataria terá un mes para iniciar os traballos e despois outros seis meses para construir toda a primeira fase. Isto supón un adianto nos prazos anunciados en xaneiro, que estimaban o comezo das obras para finais do verán.

luns, 8 de marzo de 2021

HUMANIZACIÓN SAN MARTIÑO:

A Xunta de goberno da comunidade do Morrazo Autónomo aposta por un entorno en San Martiño , con calzadas de pedra con acceso só peatonal e para ciclistas , coa prohibición do tráfico rodado ao entorno.

O Secretario de Cultura e Patrimonio, Lois Pena, dixo que "seguramente se faga un sentido único do tráfico rodado , só para residentes na zona".
O secretario de Cultura e Patrimonio, agradece a Asociación de veciños de san Martiño e ao concello de Moaña , ó seu interese na realización deste proxecto , xa que é un lugar especial da Comunidade do Morrazo Autónomo en Moaña .
#omorrazoautonomo


Un dos proxectos contemplados no programa das eleccións municipais de xuño de 2019, da Presidenta do Morrazo Autónomo, Natalia Romero , é poñer en valor a zona histórica e cultural de San Martiño no Morrazo Autónomo e en Moaña . Un proxecto pedido pola veciñanza e aceptado polo goberno supramunicipal e polo concello de Moaña .

OBRAS E ACTUACIÓNS:

 Unha obra de cooperación territorial co concello de Moaña para poñer en valor a zona cultural e histórica de san Martiño da Comunidade do Morrazo Autónomo.

Arranca o proxecto para a Humanización e Posta en Valor do Núcleo Histórico de San Martiño. Entre as intencións para o proxecto está calmar velocidades de tráfico para tornar a zona máis segura e humana e crear un ambiente acorde cos valores culturais e históricos do ámbito.
Moitas grazas polas achegas ao proceso participativo en curso.

domingo, 14 de febreiro de 2021

A NOVA LEI DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO APROBADA EN XANEIRO , NON AFECTARÁ A LPT DO MORRAZO AUTÓNOMO:

 ENLACE NA PUBLICACIÓN DO DOG : https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioC3B0-110121-0001_gl.pdf

martes, 26 de xaneiro de 2021

HUMANIZACIÓN PORTA DO CEGO (ABELENDO) - O CASAL E A MEIXOADA:

 Humanización da estrada Porto do cego-Figueirido:


Case 600 metros, entre sendas peonís e plataforma única
As obras abranguen un tramo de 560 metros entre os PQ 1+200 e 1+780, entre a curva do río de Figueirido ata o remate da recta do Casal. Case 400 metros contarán con sendas peonís en ambas beiras e o resto disporá de plataforma única con prioridade peonil. O proxecto deseñouse en función das posibilidades en cada punto de ampliar a sección.
Nos tramos nos que foi posible ensanchar gracias á posibilidade de retranquear os peches das propiedades, manterase o dobre carril de circulación rodada cun ancho total de 6 metros, engadindo sendas peonís de uns 3 metros de anchura. Esta configuración aplicarase a un primeiro de 249 metros dende o inicio da estrada e a un segundo, de 144 metros a partir do PQ 0+436. Está previsto executar tamén un paso de peóns sobreelevado e varios redutores físicos de velocidade (badéns).
"No resto do tramo, cunha lonxitude duns 200 metros, onde as aliñacións edificatorias apegadas á calzada xa non permiten os retranqueos haberá unha plataforma única de convivencia, con prioridade peonil e debidamente sinalizada sobre pavimento de formigón". Dixo ó Secretario de Cooperación territorial, territorio e Urbanismo, Antón Casal.
"Ademais está prevista a dotación de drenaxe das augas pluviais en todo o percorrido, construción de 9 muros de contención e varias varandas. Ao longo de todo o traxecto procederase a renovar completamente a iluminación pública, con novos farois e luces con tecnoloxía led. Os servizos de subministro eléctrico e de telecomunicación s quedarán tamén soterrados. O proxecto inclúe, ademais, a instalación de mobiliario urbano, como bancos de madeira e unha papeleira nun espazo que se habilitará unha pequena praza. Finalmente habilitaranse alcorques para a delimitación das árbores existentes, ademais da plantación de 4 olivos".Dixo Antón Casal.
Ao longo deste mes de xaneiro a Deputación está a licitar catro obras de mellora da seguridade viaria na Rede Provincial de Estradas cun orzamento total de 1,3millóns de euros. Ademais da EP-1104 Moaña-Coiro.

martes, 5 de xaneiro de 2021

MENSAXE DE FIN DE ANO DA PRESIDENTA DO MORRAZO AUTÓNOMO:

 Natalia Romero:

Éste ano foi moi difícil para todos , un ano duro , pero fixemos ó que puidemos . Pois a Pandemia que atravesamos nestes intres , son momentos duros ,nos cales temos que estar unidos .
Ó meu equipo de goberno , fixo durante 2020, todo ó que puido , sobre todo prestando especial atención aos colectivos que traballan polo benestar social e cultural ,xa que resultaron moi afectados pola crise sanitaria da COVID 19.
Tivemos eventos culturais que Foron cancelados ,a pesares dos esforzos para evitar as cancelacións , pois nonon foi posíbel por cumprir as normas sanitarias.Os distintos eventos culturais coma ó entroido de verán e ó festigalizate , son eventos culturais que reúnen moitas persoas , polo tanto non se salvaron .
Neste ano duro , estivemos traballando cos veciños ,en moitas ocasións para marcar o ritmo de vida e obra da comunidade comarcal , pois temos que realizar todo ó que ós veciños pidan.
Neste ano atípico , que remata , quero poñer en práctica o aprendido durante o ano , agardando que no ano 2021 , sexa un ano mellor que o 2020.
Comprométome e todo ó equipo de goberno supramunicipal , comprométese a que os presupostos do 2021 , sexan mellores que os do 2020 , que foron bastante mellores que os dos anos anteriores.
Nestes tempos , queremos poñernos do lado dos veciños ,e desexarlles a todxs un feliz ano 2021!.

 
Natalia Romero Gil
 ,




Presidenta do Morrazo Autónomo.

martes, 15 de decembro de 2020

PROGRAMA DO NADAL 2020:



NOVAS

 As actividades do programa de Nadal deste 2020, serán reducidas e con poucas persoas , debido a pandemia da COVID 19 .

A Secretaría de Cultura , está xa na redacción do programa do Nadal , na cal serán suprimidas algunhas actividades coma a recepción de Papa Noel , ó apalpador ou as cabalgatas dos reis magos.
Haberá actuacións de panxoliñas a un aforo dun 30% e cumprindo ás normas sanitarias, durante ós días de Nadal , así como tamén música ambiental ó fin de ano .
As actuacións de dj's ou verbenas serán tamén unhas das actividades suprimidas éste ano .
Ó encendido da iluminación de nadal , contará con aforo limitado e con normas sanitarias ó venres 11 de decembro .
Está pendente de anunciar de se haberá espectáculo pirotécnico ó 31 de decembro .
O programa de Nadal 2020, darase a coñecer antes do 8 de decembro.